DESPRAZAMENTO A NIGRÁN DO 16 AO 19 DE XULLO PARA O TORNEO DO RCN DE VIGO

Os próximos 16, 17,18 e 19 de xullo o CW Santiago desprazásese a Nigrán para participar no Torneo que organiza o RCN de Vigo, en categorías infantil e xuvenil. O desprazamento farase en autobús tanto a ida, o XOVES 16 de xullo, como a volta, o DOMINGO 19 de xullo, sendo os horarios os seguintes:

SAÍDA

XOVES 16 DE XULLO DE 2015

Ás 13 h dende a piscina de Sta. Isabel

VOLTA

DOMINGO 19 DE XULLO DE 2014

APROXIMADAMENTE sobre as 19 h (SAÍDA DE Nigrán) con chegada nas piscinas de Sta. Isabel

O total do custo do bus é de 10 euros os dous desprazamentos (5 CADA UN)

O material necesario para cada deportista en Nigran será:

– Saco de durmir
– Colchón, esteira.
– Coxín, almofada
– Roupa de piscina (bañador, chanclas..)
– Aparellos persoais
– Crema solar
– Tenda de Campaña sen ganchos (décathlon)
– Moitas ganas de PASALO BEN!!!

COTA DE SOCIO ANO 2015

As cotas de socios correspondentes ao ano 2015 vánse cobrar o vindeiro día 10 de xullo.

Pensamos que se trata dun día axeitado pola súa cercanía coa paga extra de Xuño.

Tamén recordar a tódolos asociados que aos novos deportistas que ingresen de novo no clube a partires desa data, coa primeira cota mensual tamén se lles cobrará a cota de socio do ano 2015, tal e como xa se fixo no ano 2014.

Saúdos cordiais.

ERROS NOS RECIBOS DO MES DE XUÑO

Teñénse detectado erros nos recibos do mes de Xuño, que provocaron que a meirande parte dos mesmos estén mal emitidos.

En concreto cobróuse a tódolos deportistas unha cota de 23 €, cando as cotas deben ser de 25, 23 ou 18 €, en función da categoría do deportista e do número de irmás que militen no clube. As tarifas vixentes na actualidade pódense consultar en: https://waterpolosantiago.files.wordpress.com/2013/10/novas-tarifas-set-2013.pdf

Isto significa que a algunhas persoas se lles cobrou de mais e a outras de menos. Os erros vánse regularizar nos recibos do mes de Xullo, posto que as cantidades que resultan non son elevadas.

Para calquera dúbida, ou se a regularización foi mal feita ou para calquera outra cuestión relacionada coas cotas e os recibos, pódese contactar coa conta do clube: recibos@cwsantiago.com

Aproveitamos a ocasión para recordar que no mes de Xullo pásase ao cobro unha mensualidade normal, pero que no mes de Agosto os deportistas da escola de waterpolo, categorías infantil e inferiores, non pagan.

Rogamos disculpedes as molestias causadas. Saúdos cordiais.

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN E BENXAMÍN

O vindeiro sábado día 20 de Xuño, terá lugar o campionato galego alevín e benxamín, nas instalacións dos Abetos, sitas en Nigrán.
Para o devandito campionato, a convocatoria de ambas as dúas categorías é a que segue a continuación:

Categoría: ALEVÍN

Día: 20 de Xuño de 2015

Hora: 11:50 h.

Piscina: Los Abetos ( Nigrán)

Convocados: en Sta. Isabel ás 09:30 h. para coller o bus.

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. SARAI GUILBERT

3. REBECA GOTHLIN

4. GABRIEL LESENDE

5. FERNANDO FERRER

6. MAURO RODRÍGUEZ

7. SAMUEL GONZÁLEZ

8. NEREA CARRILLO

9. NATALIA VIEITES

10. UXÍA SANLUIS

11. ANXO PANERO

12. MIGUEL BARCA

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 10€ PARA O PAGO DO BUS E DA COMIDA.

 

Categoría: BENXAMÍN

Día: 20 de Xuño de 2015

Hora: 11:50 h.

Piscina: Los Abetos ( Nigrán)

Convocados: en Sta. Isabel ás 09:30 h. para coller o bus.

XOGADORES CONVOCADOS

1. SAMUEL GONZÁLEZ

2. SARAI GUILBERT

3. XOSÉ MOSCOSO

4. MIGUEL BARCA

5. FERNANDO FERRER

6. UXÍA SANLUIS

7. MAGÍN LÓPEZ

8. GUILLERMO CARRILLO

9. MIGUEL PALACIOS

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 10€ PARA O PAGO DO BUS E DA COMIDA.

IMPORTANTE: Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

Comunícase aos socios do Club Waterpolo Santiago, que o próximo día 18 de Xuño, terá lugar a convocatoria da asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do club.
A primeira convocatoria terá lugar ás 20:30, seguida dunha segunda ás 21:00.
A Asemblea terá lugar na Sala de Prensa do Multiúsos Fontes do Sar.

DOBLE CONVOCATORIA DAS FÉMINAS ALEVÍN DO CW SANTIAGO

CAMPEONATO GALEGO ALEVÍN FEMENINO

Categoría: ALEVÍN

Día: 13 de Junio de 2015

Hora: 18:00 h.

Piscina: CGTD PONTEVEDRA

Convocados: en Sta. Isabel ás 9:00 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. REBECA GOTHLIN

2. NATALIA VIEITES

3. NEREA CARRILLO

4. UXÍA SANLUIS

5. SARAI GUILBERT

2º ENCONTRO

Categoría: ALEVÍN

Día: 13 de Junio de 2015

Hora: 18:40 h.

Piscina: CGTD PONTEVEDRA

Convocados: en Sta. Isabel ás 9:00 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. REBECA GOTHLIN

2. NATALIA VIEITES

3. NEREA CARRILLO

4. UXÍA SANLUIS

5. SARAI GUILBERT

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 10€ PARA O PAGO DO BUS E DA COMIDA.

AVISO IMPORTANTE

Con motivo da disputa da Copa Galega Absoluta o próximo sábado dia 6 de Xuño, non habrá adestramentos en Sta.Isabel.

O CLUB WATERPOLO SANTIAGO CADETE, SUBCAMPEÓN DO I TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE FERROL

Este domingo pasado os nosos cadetes desprazáronse a Ferrol onde participaron no I Torneo Internacional Cidade de Ferrol, xunto con CN Coruña, o Vitoria Sport Club portugués e os anfitrions do torneo, o CM Ferrol.
Empezou a participación no torneo enfrontándose aos xogadores de natación Coruña, que despois dun partido pracido grazas á maior forza física dos nosos xogadores o resultado final foi de 11 a 4, co que o primeiro escollo para intentar gañar o torneo estivo superado. O segundo partido foi aínda moito máis cómodo dada a maior calidade dos nosos xogadores. Esta vez foi un resultado final de 13 goles a 4 a favor dos santiagueses contra os portugueses do Vitoria, co cal o seguinte partido era a denominada final do torneo, xa que tanto CM Ferrol coma Santiago superaran os dous rivais anteriores.

Comezou a final con boas sensacións gañando o primeiro cuarto e dando resposta defensiva ante os ferrolanos, pero un parcial demoledor dos ferrolanos despois dun desastroso segundo cuarto por parte dos santiagués, liquidou a final, pois o resultado era favorable aos ferrolanos por 3 goles a 7. E aínda que os nosos seguiron loitando e dando a cara nos dous últimos cuartos, non foi posible a remontada perdendo por un resultado final de 4 goles a 9. Isto, aínda así, non embaza o magnífico torneo realizado polos nosos xogadores, que ademais de levarse o subcampionato do torneo tamén obtivo un premio individual no noso xogador Bruno Sampaño ao que se lle concedeu o trofeo o mellor xogador de torneo.

I TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE FERROL

1º PARTIDO

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 11 – 4 (4-1; 2-1; 2-1; 3-1)

CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández (2), Jorge Lareu (1), Rodrigo Varela, Alex Gómez, Uxía Taboada, Jesús Montoiro (2), Manuel Cebey (1), Xoaquín Gendra (1), Bruno Sampaño (4), Antón Gendra

2º PARTIDO

CW SANTIAGO – VITORIA SPORT CLUB 13-4 (3-1; 2-1; 5-0; 3-2)

CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández (2), Jorge Lareu (1), Rodrigo Varela, Alex Gómez (2), Uxía Taboada (1), Jesús Montoiro, Manuel Cebey, Xoaquín Gendra (3), Bruno Sampaño (4), Antón Gendra

3º PARTIDO

CW SANTIAGO – CN MARINA FERROL 4-9 (2-1; 1-6; 0-1; 1-1)

CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Rodrigo Varela, Alex Gómez (1), Uxía Taboada, Jesús Montoiro, Manuel Cebey, Xoaquín Gendra (3), Bruno Sampaño, Antón Gendra

CLASIFICACION FINAL:     CAMPEÓN              CLUB MARINA FERROL

SUBCAMPEÓN      CW SANTIAGO

TERCEIRO              CN CORUÑA

CUARTO                 VITORIA SPORT CLUB PORTUGAL

CAMPUS DE VERÁN 2015

Chega a tempada de verán e, o Club quere ofrecer a todos os que estean interesados en coñecer o waterpolo e, sobre todo pasar unhas xornadas moi agradables con mozos e mozas de todas a idades, o Campus Waterpolo 2015.
Informámosvos do programa no díptico adxunto, así como os formularios correspondentes para a formalización e permisos necesarios para asistir a este.

Como noutras edicións, se busca que os participantes melloren a súa condición física, coñezan un novo e excitante deporte, e establezan un sentido de traballo en equipo e colectivo beneficioso para o seu desenvolvemento. E todo iso, pasándoo ben nun ambiente san e divertido.
Animarvos todos….El Campus Waterpolo 2015 espéravos…..

PORTADA 2015

CAMPUS 2015

autorizacion desplazamientos campus 2015

autorización publicacion imagenes campus 2015

IMPORTANTE

A partir do próximo día 1 de xuño de 2015 e ata o 27 de xuño, os adestramentos das categorías infantil, alevín e benxamín pasan a ser na piscina de STA.ISABEL en horarios de:

LUNS A VENRES de 19 h a 20h.