Chéganos información fresca da FEGAN que cremos vos pode interesar:
“Proximamente o comité de árbitros da FEGAN realizará un curso de árbitros de waterpolo. Os interesados (maiores de 16 anos), deberán inscribirse na federación (info@fegan.org), indicando o seu nome e localización, lugar de residencia, teléfono e mail. Indicarase tamén o clube no que poderían realizar as prácticas.
A data límite para a inscripción é o 28 de septembro.
A sede do curso establecerase enfunción da localización dos inscritos. Unha vez coñecida a sede e a data do curso, comunicaráselle ós interesados que deberán abonar o importe de 20€ (inclúe licenza federativa).
Non se dará diploma nin certificado de asistencia ó curso.
Un saúdo.”