SEIS XOGADORES REPRESENTAN AO NOSO CLUBE NAS XORNADAS DE TECNIFICACION E DETECCION DE TALENTOS DA FEDERACION GALEGA DE NATACION
Este pasado sábado día 5 de Outubro realizouse a primeira xornada de tecnificación e detección de talentos na que o noso clube estivo representado por seis dos nosos xogadores dos máis de sesenta xogadores que participaron.
Comenzou a xornada ás 10:45h, hora na que estaban convocados os jugadores de primer ano en categoría infantil (2001) e alguns xogadores de último ano alevín (2002) seleccionados polos entrenadores responsables.
Os nosos xogadores/as que participaron pola mañá foron:
GABOR PAZOS, ESTEBAN CARRILLO e ROSALIA REY, todos eles de primeiro ano infantil e ALEJANDRO GOMEZ de último ano alevín.
Ás 11h comenzou a concentración con varias probas físicas e técnicas do noso deporte, para levar un mellor control de todos os participantes, e máis tarde un traballo de partido entre todos os participantes para ver as súas cualidades tácticas, acabando a xornada ás 14:00h despois dunha mañá moi axetreada pero ao mesmo tempo, tamén, moi ilusionante.
Pola tarde ás 15:45h estaban convocados os jugadores de último ano infantil (2000), onde estivemos representados por MANUEL CEBEY e DANIEL PÉREZ, empezando á 16:00h co mesmo traballo que se realizou cos deportistas da mañá e acabando a concentración ás 18:45h.
FELICITAR aos nosos xogadores polo seu esforzo e ilusión e animalos para que traballen duro e podamos ser moitos mais xogadores en vindeiras concentracions.