Teñénse detectado erros nos recibos do mes de Xuño, que provocaron que a meirande parte dos mesmos estén mal emitidos.
En concreto cobróuse a tódolos deportistas unha cota de 23 €, cando as cotas deben ser de 25, 23 ou 18 €, en función da categoría do deportista e do número de irmás que militen no clube. As tarifas vixentes na actualidade pódense consultar en: https://waterpolosantiago.files.wordpress.com/2013/10/novas-tarifas-set-2013.pdf
Isto significa que a algunhas persoas se lles cobrou de mais e a outras de menos. Os erros vánse regularizar nos recibos do mes de Xullo, posto que as cantidades que resultan non son elevadas.
Para calquera dúbida, ou se a regularización foi mal feita ou para calquera outra cuestión relacionada coas cotas e os recibos, pódese contactar coa conta do clube: recibos@cwsantiago.com
Aproveitamos a ocasión para recordar que no mes de Xullo pásase ao cobro unha mensualidade normal, pero que no mes de Agosto os deportistas da escola de waterpolo, categorías infantil e inferiores, non pagan.
Rogamos disculpedes as molestias causadas. Saúdos cordiais.