GALICIA MASCULINA CUARTA E SEXTA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA POR CC.AA
Do seis a nove de abril as Seleccións Galegas de waterpolo, en categoría infantil, desprazáronse a Madrid para participar no Campionato de España por CC AA, cheos de ilusión e con moitas gañas tres dos nosos deportistas foron en representación do CW Santiago, IAGO GARABATO E LUÍS GUILBERT en categoría masculina e NATALIA VIEITES en categoría feminina.
Gran participación de todos eles, conseguindo dúas clasificacións históricas para a nosa comunidade, un cuarto posto masculino e un sexto feminino nun Campionato onde todo foron eloxios aos nosos equipos pola progresión e o bo xogo, sendo parte clave os nosos tres xogadores que deron unha gran imaxe xogando contra os mellores xogadores de toda España.
En categoría masculina conseguiron tres vitorias na fase de grupos, ante Baleares por trece a catro no debut do campionato, ante Cantabria na segunda xornada venceron de forma clara por vinte e tres a tres e na terceira xornada ante unha das favoritas, a Comunidade Andaluza nun gran partido por seis goles a catro, o que lle daba a primeira posición de grupo, obtendo un cruce máis adsequible nos cuartos de final onde se medirían á comunidade de Navarra e que coa vitoria por dez a sete dáballes o pase a semifinais por primeira vez na historia para os Galegos, feito histórico para a nosa comunidade.
De novo cruzouse a Comunidade Andaluza polo camiño pero esta vez foron os andaluces os que templaron mais os nervios e derrotaron aos galegos por un claro quince a oito, o que enviaba á nosa comunidade á loita polo bronce, xa o último partido e cunhas ganas enormes de quedar arriba o noso equipo comezou por diante no marcador pero o cansacio acumulado (seis partidos en tres días) pasou factura e acabaron derrotados por oito goles a tres que daba a medalla de bronce aos Aragoneses e un gran e meritorio cuarto lugar á nosa comunidade.
Na categoría feminina nosas mozas estaban encadradas nun grupo moi duro, debutando ante a que sería a campiona Cataluña caendo derrotadas por un claro dezanove a catro, o segundo partido disputárono ante a comunidade andaluza caendo derrotadas de novo por quince a dous, o terceiro partido as nosas mozas a punto estiveron de dar a sorpresa caendo derrotadas ante País Vasco por nove a sete nun gran partido que estiveron a piques de remontar, iso deulles a cuarta e última posición do grupo o que facía cruzarse ante a comunidade de Aragón na loita do quinto ao oitavo posto onde conseguiron a histórica primeira vitoria para a nosa comunidade na súa segunda participación por catro goles a dous, o que daba un novo enfrontamento ante País Vasco na loita polo quinto posto que aínda que loitaron o indecible acabaron sucumbindo de novo por oito goles a cinco, o que lles outorgou unha sexta praza que lles outorga a mellor clasificación da súa curta participación.
Felicitar á Federación Galega e todos os seus compoñentes pola gran representación neste Campionato e animar a acadar novos obxectivos e aos nosos deportistas pola imaxe dada tanto como selección como representación do noso club.