DÚAS VITORIAS E UNHA DERROTA EN FERROL

Logo Club Wterpolo Santiago

Comezou este pasado domingo a tempada 17/18 para o CW Santiago con desprazamento dos nosos equipos infantil, cadete e absoluto ata Ferrol para disputar os tres primeiros encontros e que se saldaron con dúas vitorias (absoluta e cadete) e unha derrota (infantil) en tres emocionantes partidos.
O primeiro en disputarse e que abría o telón das ligas galegas foi o partido entre os infantís de ambos equipos, partido con dúas caras moi diferentes, os primeiros dous cuartos de partido dominado polos locais que cun parcial de cinco a un fóronse no marcador ante os continuos desaxustes defensivos dos visitantes. Pero a partir do terceiro cuarto o encontro pasou a ser dominado polos santiagueses que cunha gran defensa conseguiron sobrepoñerse e colocarse a un só gol (cinco a catro) no quinto cuarto que os meteu de novo no partido deixando un último cuarto moi igualado que se decidiu a falta de tres minutos, onde os visitantes erraron unha ocasión clara para empatar. No contraataque seguinte os locais non fallaron conseguindo o gol definitivo que lles deu a vitoria por seis goles a catro.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CM FERROL vs CW SANTIAGO 6 – 4 (2-0; 3-1; 0-2; 0-0; 0-1; 1-0)


CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, ANGEL RODRIGUEZ, CARLOS ORDOÑEZ, FERNANDO FERRER (3), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (1)

O seguinte encontro en disputarse foi en categoría absoluta onde o campión de liga inicio con bo pé o novo curso cunha vitoria menos clara do que o marcador final indicou, nunha piscina onde os partidos nunca son cómodos. Inicio marcando o ritmo de xogo cunha defensa férrea e boa efectividade en ataque que propiciou un parcial dun a tres que sumado ao un a dous do segundo cuarto fixo chegar ao descanso cunha cómoda vitoria dos visitantes por dous a cinco. Pero tralo descanso todo o boa que ata ese momento foi a defensa pasou a ser desaxustes defensivos e en dous minutos deron vida aos locais que se colocaron a un só tanto, pero volver axustar a defensa e un ataque con movilidade e acerto fixo que os santiagueses se despegaran con seis goles en catro minutos estirando o resultado ata o sete a once ao final do terceiro cuarto. O último cuarto serviu para referendar a vitoria cun parcial final dun a dous que lles deu a vitoria final por oito goles a trece.

waterpolo_01

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CM FERROL vs CW SANTIAGO 8-13 (1-3; 1-2; 5-6; 1-2)

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, MIGUEL FERNANDEZ, ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO (2), ALEJANDRO PADILLA, PABLO PIÑEIRO (6), BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO (1), GABOR PAZOS (1), DAMIAN ANTELO (1), LUÍS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO

Para rematar se disputou o partido en categoría cadete, partido moi igualado nos dous primeiros cuartos, onde a gran actuación defensiva dos visitantes dáballes opcións de obter un bo resultado a pouco que mellorasen o ataque, e que fixo chegarse ao descanso cun empate a dous goles que dicía por si só a tremenda igualdade entre ambos equipos. Un malo terceiro cuarto dos visitantes en defensa propiciou que se chegase ao final do terceiro cuarto con dous goles arriba para os locais que incrementaron cun gol máis ao comezo do último cuarto para colocarse cun seis a tres que parecía definitivo pero unha gran reacción dos visitantes nos últimos seis minutos de partido que propiciou unha remontada final co gol da vitoria a falta só de tres segundos para o final do encontro, vitoria de garra e fe pola que hai que felicitar aos nosos mozos.

LIGA GALEGA CADETE

CM FERROL vs CW SANTIAGO 7 -8 (2-1; 0-1; 3-1; 2-5)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUÍS GUILBERT (6), SANTI ESTURAO, GERMAN BRUZOS, FERNANDO FERRER, ALEX GOMEZ (2), ANXO PANERO, SAMUEL GONZALEZ, JORGE GOMEZ, ANTONIO MALLO, ANTONIO GARCIA, ANGEL RODRIGUEZ

patrocinadores

Advertisements

About Club Waterpolo Santiago

Blog oficial del Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s