CRÓNICA DOMINGO 26/03/2023

VITORIA ABSOLUTA EN OURENSE

Seguindo co fin de semana de encontros dos diferentes equipos do Club Waterpolo Santiago, despois da xornada disputada este sábado pasado día vintacindo de marzo, o domingo vintaseis de marzo tocoulle o equipo absoluto masculino de división de honra desplazarse a Ourense, para desputar a antepenúltima xornada da liga de división de honra. Partido de trámite dun equipo santiagués que venceu por un contundente seis a quince, despois de irse no marcador xa no primeiro cuarto, con unha ventaxa de dous a cinco, que conforme foron pasando os cuartos foi en aumento, ata chegar ó mencionado resultado final de seis goles a quince. A espera de cerrar a liga na casa ente o Waterpolo Oviedo e de xogarse a liga o próximo vintanove de abril ante Pontevedra.

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION DE HONRA

Domingo 26 de marzo de 2023

CW OURENSE – CW SANTIAGO  6 – 15 (2-5; 1-2; 0-5; 3-3)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ, RAFAEL E. RAMOS (2), ANDRES PEREZ (3), ANTONIO GARCIA, PABLO PIÑEIRO (3), ANTONIO CAAMAÑO, CARLOS ORDOÑEZ (3), XANDRE RODRIGUEZ (3), BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, SEBASTIAN ALTAMIRANO

Pola súa parte os equipos infantiles mixto e equipo C de segunda división desputaban a súa xornada en Coruña, ante o Club Waterpolo Coruña con doble vitoria. Catro a nove en categoría infantil mixta, nun encontro no que os santiaguese se adiantaron con un concluínte cero a seis ó finalizar o segundo cuarto, que deixou resolto o encontro para que todos os xogadores tiveran minutos para vindeiros encontros máis complicados.

O equipo C de Santiago tamén se levou a vitoria por un axustado once a trece, despois de un encontro que pese a un inicio titubeante dos santiagueses, con varios erros defensivos, colocou o marcador desfavorable para os visitantes por catro a dous no primeiro cuarto. Sensible melloría dos santiagueses que devolveron o parcial no segundo cuarto, chegando o descanso cun empate a seis e todo por decidir. Pero os visitantes con máis experiencia leváronse os dous últimos parciais para rematar vencendo polo mencionado trece a once final.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

Domingo 26 de marzo de 2023

CW CORUÑA – CW SANTIAGO  4 – 9 (0-1; 0-5; 1-0; 0-1; 3-2; 0-0)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA, CARLOTA PEREZ, MARIA ROMERO, ARIANA COLLAZO (1), CIRA SAMPAYO, ANTON FAGUNDEZ, ALBA M CASTILLO, GUILLERMO CARRILLO (2), SAUL PAPIN (5), ALEXANDRE GONZALEZ (1)

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION

Domingo 26 de marzo de 2023

CW CORUÑA – CW SANTIAGO C   11 – 13 (4-2; 2-4; 2-3; 3-4)

CW SANTIAGO C: DAVID RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (1), RAMON TURNES (2), DANIEL GARCIA (2), FRANCISCO COLLAZO (3), JAVIER GARCIA, PABLO LOPEZ, JORGE LAREU (1), ADRIAN PONTE, MIGUEL ANGEL BARCA (3), DANIEL TOME (1), PEDRO P. BERNARDEZ

PRATA E BRONCE PARA O CW SANTIAGO

O club Waterpolo Santiago desplazouse a Ourense este pasado din de semana para disputar as Copas Galegas Maculina e Feminina.

Empezou o equipo masculino o sábado pola mañán disuptando os cuartos de final ante Coruña, partido que os santiagueses dominaron con tranquilidade, e que se levaron por un dez a oito final, que os metía en semifinais que debían disputar ante o anfitrión o Club Waterpolo Ourense, vencdor da primeira eliminatoria o mesmo sábado. Partido moi serio en defensa e con boa calidade en ataque, que lles deu a vitoria por un concluínte nove a dous, e lles daba o pase á final, donde debían enfrontarse ante o naútico de Vigo o domingo a tarde. Xan a final, os erros defensivos no primeiro cuarto fixolles ir por detrás no marcador dende o inicio, non se rendiron no empeño os santiagueses por remontar e intentar meterse de cheo de novo no partido, a punto estiveron con once a trece en contra a falta de dous minutos para o final, un home de máis podía haber colocado a un solo gol, pero o balón estrellouse no pau, e de ahí ata o final os vigueses souberon manter o balón deixando pasar os segundos para conseguir levarse a final.

Pola súa parte, o equipo femenino santiagués encuadrado no grupo B, debía disputar una liguilla antes waterpolo Coruña e naútico de Vigo, gañando as coruñesas por once goles a ses, tamén as viguesas venceron a Coruña, o que significaba que a xornada de tarde decidiría quen se enfrontaba o club waterpolo Pontevedra, ganador do grupo A. O partido ante o naútico de Vigo comezou coas compostelanas atenazadas en ataque, con moi pouco intensidade defensiva, o que provocou que as viguesas de despegaran no marcador con un tres a cero a metade do segundo cuarto, pero unha gran reacción compostelana levounas a remontar ata colocarse con un tres a cinto e catro a seis, que non souberon manter a ventaxa de dous goles, acabando o resultado final con empate de seis, que lle daba o pase a final as viguesas e a loito polo terceiro e cuarto posto ás santiaguesas. Xan a noita pola medalla de bronce, non tiveron problemas para ganar por un claro cartorce a un final.

COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA

Sábado 4 de febreiro de 2023

1/4 de final

CW Santiago – CW Coruña   10 – 8

Semifinais

CW Santiago – CW Ourense 9 – 2

Final

Domingo 5 de febreiro de 2023

CW Santiago – RCN de Vigo. 11 – 13

CW SANTIAGO: Iago Garabato, Jorge Rodríguez, Rafael E. Ramos, Andrés Pérez, Antonio García, Pablo Piñeiro, Jesús Pérez, Antonio Caamaño, Carlos Ordóñez, Xandre Rodríguez, Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Samuel González.

COPA GALEGA ABSOLUTA FEMININA

Sábado 4 de febreiro de 2023

Fase grupo B

– CW Santiago – CW Coruña 11 – 6

– CW Santiago – RCN de Vigo 6 – 6

3° y 4° posto

Domingo 5 de febreiro de 2023

CW Santiago – CW Lugo 14 – 1

CW SANTIAGO: Carla Díaz, Isabel Pérez, Laura Sanluis, Rosalía Rey, Victoria Landeira, Ariana Collazo, Irena Ordóñez, Emma Santamaría, Candela Rubal, Saray Guilbert, Andrea Fernández, Sofía Pérez, Cecilia Cobas..

CRÓNICA 26 DE NOVEMBRO 2022

Logo del Club Waterpolo Santiago

TRIPLE VITORIA SANTIAGUESA

Nova xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, tres encontros disputados nas instalacións de Santa Isabel, e triple victoria. Dúas delas ante Ourense en absoluto de división de honra, e do equipo master ante Coruña, e vitoria do cadete masculino no duelo fratricida ante o cadete femenino santiagués.

A xornada deu comenzo co duelo en categoría cadete entre os dous equipos santiagueses, con victoria para o equipo masculino por un cómodo trece a seis, nun encontro donde as rapazas aguantaron durante dous cuartos co marcador igualado, pero o maior físico e acerto en ataque do equipo masculino estirou o resultado ata o xa mencionado trece a seis. 

O segundo encontro e a segunda vitoria foi en categoría absoluta de segunda división, donde fixo o seu debut esta tempada o equipo master santiagués, e non puido tener mellor inicio xa que apabullou ó equipo de Coruña B veniendo por quince goles a dous. Partido cómodo e marcando diferenzas dende o inicio,  cun xogo vistoso que lle fai candidato a gañar a liga de segunda división.

Por último disputouse o encontro en categoría absoluta de división de honra, donde os santiagueses se enfrentaban ó club waterpolo Ourense, que finalizou con unha cómoda vitoria por dezasete a sete. Marcando distancias dende o inicio cunha férrea defensa e aproveitando as oportunidades en ataque chegouse con un cómodo oito a dous ó descanso que prácticamente sentenciaba o encontro, a partir dese momento os locais aproveitaron para dar minutos ós máis xóvenes e aumentaron o resultado ata o dezasete a sete finales.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CW SANTIAGO MASCULINO – CW SANTIAGO FEMENINO   13 – 6 (3-1; 3-3; 4-1; 3-1)

CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL (1), NICOLAS COLLAZO (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), ARTAI ANTELO (1), ANTON FAGUNDEZ, BRUNO PEREZ, GUILLERMO CARRILLO (5), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN (1), ALEXANDRE GONZALEZ (3), AIRAS CAAMAÑO

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT (2), CANDELA RUBAL (1), ARIANA COLLAZO (3), CARLOTA PEREZ, EMMA SANTAMARIA, CIRA SAMPAYO, ALBA MARIA CASTILLO, CANDELA ESPIÑA, MARIA ROMERO

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2ª DIVISION 

 CW SANTIAGO MASTER – CW CORUÑA RIAS ALTAS B 15- 2 (4-2; 5-0; 2-0; 4-0)

CW SANTIAGO: DAVID RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ, RAMON TURNES (2), DANIEL GARCIA (2), FRAN COLLAZO (3), RAFAEL ENRIQUE RAMOS (3), BRAIS RAPOSO (2), JORGE LAREU, JAVIER GARCIA, DANIEL TOME, MIGUEL ANGEL BARCA (1), PEDRO BERNARDEZ (1), ADRIAN PONTE (1)

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA
DIVISION HONRA 

CW SANTIAGO – CW OURENSE     17 – 7 (3-0; 5-2; 4-2; 5-3)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ, JESUS PEREZ, ANDRES PEREZ (3), ANTONIO GARCIA (2), PABLO PIÑEIRO (1), YAGO DIAZ (1), ANTONIO CAAMAÑO (1), ALEJANDRO GOMEZ (8), XANDRE RODRIGUEZ (1), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, PABLO MARTINEZ

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña