MISIÓN
O Club Waterpolo Santiago ten como súa a MISIÓN de ofrecer ó maior número de persoas, dentro da comarca de Santiago, a posibilidade da realización dunha práctica deportiva saudable a través do WATERPOLO. Proporcionandolles:
- O rendemento deportivo COLECTIVO e INDIVIDUAL, máximo posible, segundo o desexado polos seus deportistas en conxunto e individualmente, en competición ou fora dela.
- Unha organización de utilidade SOCIAL e impulsora dos seus VALORES.
VALORES
- TRABALLO EN EQUIPO. O colectivo está por riba das individualidades en tódalas decisións.
- INTEGRACIÓN. O club é unha entidade aberta, e non excluinte, a todo tipo de persoas sen distinción de ningún tipo.
- RESPETO. Tódalos seus integrantes deben mostrar respeto cara a tódolos demais suxeitos intervintes no deporte, na competición, e na actividade en xeral (árbitros, equipos, compañeiros, adestradores, xogadores, público,…).
- RESPONSABILIDADE. Estimulamos os comportamentos responsables en tódolos nosos integrantes.
- FORMACIÓN. O paso pola nosa entidade debe contribuir á formación persoal dos deportistas e demais persoas relacionadas con nós; xerando actitudes positivas que teñan aplicación fora do deporte, como o compromiso cun fin colectivo e esforzo para a súa consecución, a superación individual das limitacións, o compañeirismo e a colaboración, a reeducación do tempo de lecer, unha cultura de actividade física e a crenza nas propias posibilidades sen ningún tipo de complexo.
- DEPORTE BASE. O club ten como referencia ó traballo co deporte de base; formando deportistas dende os seus inicios, e dándolles a oportunidade de completa-la súa vida deportiva no club nun entorno agradable.
- MEDIO. A nosa actividade será un medio na vida dos nosos deportistas e non un fin en si mesmo.