UNETE A NÓS

Benvido/a  ao Waterpolo!

Si chegaches ata aquí, polo menos, é porque tes certa curiosidade por saber de qué vai todo isto do waterpolo.
Seguramente oíches que é un deporte moi duro físicamente pero, todo iso hai que deixalo para os profesionais.
Aquí vimos a pasalo ben, facer un pouco de deporte divertido cun grupo que, co tempo, vai a converterse no noso grupo de amigos; cos que vamos a percorrer toda Galicia e quizais, si hai sorte, parte de España.

Si tes máis de seis ( 6 ) anos e queres unirte ao clube podes contactar connosco no teléfono: 691.666.819
ou no correo electrónico : cwsantiago@gmail.com

Aquí, informaremoste tanto dos horarios como das tarifas e aclararemosche todas as túas dúbidas. Invitarémoste a que veñas a probar sen ningún tipo de compromiso e así poderás comprobar si che gusta para logo anotarte.

Cando te animes a unirte a nós terás que facernos entrega do DNI escaneado (por e-mail) e da seguinte documentación debidamente cumprimentada:

( preme no texto   azul   para obter os impresos )

– Unha Solicitude de  Ingreso como DEPORTISTA . Si eres menor de idade deberá facela un dos teus proxenitores ou titor no teu nome.

– Unha Solicitude de Ingreso como SOCIO . Si eres menor de idade deberá facela un dos teus proxenitores ou titor.

-Tes que asinarnos unha  AUTORIZACIÓN PUBLICACIÓN DE IMAXES Adultos para que poidamos publicar fotos ou videos nos que saias, cando estas a xogar co equipo ó waterpolo; pero si eres menor de idade, os teus responsables teran que asinar  dita  AUTORIZACIÓN PUBLICACIÓN DE IMAXES Menores

– Os menores de idade, para poder poder ir a xogar fóra de Santiago, teñen que ter a autorización dos seus proxenitores, e para iso tedes que darnos asinada a seguinte  AUTORIZACIÓN DESPRAZAMENTOS

– Para poder xogar e ter un seguro, hay que Federarse, por iso, tamén, nos entregaredes cuberta unha  SOLICITUD LICENCIA DEPORTISTA

Si houbese cambios nos vosos datos gustaríanos que nos los comunicárades co seguinte Impreso Actualización Datos

Nembargantes, si por calquera motivo, tiverades que darvos de BAIXA do noso clube, agradeceríamos nos lo comunicarades por escrito; bastaría cun simple correo electrónico ao clube.

Lembrarvos que as baixas se deben comunicar nos cinco ( 5 ) primeiros días do mes; despois dese día pasarase ao cobro dita mensualidade.

Aquí, neste clube, agardamosvos a todos os que queirades vir a xogar, a divertirvos, a pasalo ben e a facer moi bos amigos.

ManualAcollidaClubWaterpoloSantiago

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s