O Club Waterpolo Santiago, fundado na localidade de Santiago o día 1 de xaneiro de 2004, é unha Asociación privada con personalidade xurídica propia, e capacidade de obrar, sen ánimo de lucro, integrada por persoas físicas, que ten como obxecto principal a práctica da actividade física e deportiva polos seus asociados segundo o disposto nos seus estatutos.
A modalidade deportiva principal é o WATERPOLO, e estando adscrita á Federación Galega de Natación co número P-1110.
A entidade ríxese pola Lei Xeral do Deporte de Galicia (Lei 11/1997) e figura inscrita no rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia co número C-08028 e no Rexistro Municipal do Concello de Santiago co número 383.
Datos identificativos:
- Nome: Club Waterpolo Santiago
- Dom. Social: C. D. Sta. Isabel- Rúa Sta. Isabel s/n, 15705 Compostela (A Coruña)
- Teléfono: 691.666.819
- E-mail: cwsantiago@gmail.com