“IMPULSA ESTE PROXECTO COA TÚA MARCA”

O teu apoio, a nosa forza
No Club Waterpolo Santiago cremos no poder do deporte para unir, educar e transformar. Cada adestramento, cada partido e cada actividade social que promovemos é posible grazas a un equipo que vai máis alá da piscina.

Por que patrocinar ao Waterpolo Santiago?

A túa marca pode gañar visibilidade en redes sociais, eventos deportivos e medios locais apoiando ao noso club. Ademais, estarás asociando a túa imaxe a valores como o esforzo, o traballo en equipo e o deporte base, achegándote á comunidade e reforzando o teu compromiso co deporte local.

Algúns dos Beneficios:

  • Presenza en camisetas e eventos
  • Mencións en redes sociais
  • Espazo destacado nesta web
  • Colaboración en campañas conxuntas (vídeos, redes sociais, accións solidarias…).

Únete ao noso equipo como patrocinador e fai parte do crecemento do deporte en Galicia.

Deixar un comentario