Superioridade absoluta no peche da xornada
O equipo absoluto masculino de División de Honra puxo o broche á xornada cunha contundente vitoria por 24-1.
Dende o inicio, o CW Santiago dominou o encontro cun ritmo alto e un xogo moi sólido en todas as liñas. A presión defensiva e a rapidez en ataque marcaron a diferenza ante un rival que non puido seguir o nivel local.
A ampla vantaxe permitiu repartir minutos entre todos os xogadores, mantendo sempre un alto nivel competitivo e pechando unha xornada perfecta no regreso a Santa Isabel.



