DESPRAZAMENTO A NIGRAN OS DÍAS 4, 5 E 6 DE XULLO Ó TORNEO DO RCN DE VIGO

Os vindeiros 4, 5 e 6 de Xullo, o Club Waterpolo Santiago desprazarase ata Nigrán para participar no Torneo de Waterpolo organizado polo RCN de Vigo, nas categorías infantil e xuvenil.

O desprazamento farase en bus, tanto na ida como na volta. Os horarios son como seguen:

SAÍDA

Venres, 4 de Xullo do 2014, dende a Piscina de Santa Isabel, ás 14 horas.

VOLTA

Domingo, 6 de Xullo do 2014, ao redor das 17 horas sairase de Nigrán con destino á Piscina de Santa Isabel.

O material necesario para cada xogador é:

Saco de durmir

Colchoneta, esterilla

Coxín, almofada

Roupa de piscina

Enseres persoais

Unto solar

Tenda de campaña sen garfios ( Decathlon)

Moitas, moitísimas ganas de pasalo ben…

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario