DOBRE REPRESENTACIÓN SANTIAGUESA NA SELECIÓN GALEGA INFANTIL

Os deportistas do CW Santiago, Esteban Carrillo e Alex Gómez representaran ao CW Santiago no Campionato de España Infantil por Comunidades Autónomas que se celebrará do 26 ao 29 de marzo en Elche.
Despois de varias concentracións realizadas durante a tempada, os dous xogadores foron escollidos entre os trece xogadores que compoñen a selección, grazas ao seu traballo, tanto nas devanditas concentracións coma durante toda a tempada. Dende aquí felicitar aos dous e esperemos gocen desta nova experiencia que sen dúbida ten que darlles aínda maior motivación para seguir co duro traballo diario, dando tamén exemplo para os máis pequenos e vexan que sempre hai recompensa.

IMG-20150309-WA0007

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario