
Cinco deportista do CW Santiago, dous nenos (Alexandre González e Airas Caamaño) e tres nenas (Sofía Pérez, Noa Vieites e Carlota Pérez) foron seleccionados pola Federación Galega para participar en Campionato de España por Comunidades de waterpolo que se celebrará do 21 ó 24 de marco en Madrid.
A selección masculina enfrontarase na fase de grupos a comunidade de Aragón e a selección de Portugal (invitada ó torneo), mentres que a selección femininina terá como rivais nesa mesma fase as comunidades de Murcia e Valencia.
Moitas felicidades ós nosos deportistas e desexarlles moito éxito!

