Pechamos a xornada co enfrontamento na categoría absoluta feminina da División de Honra, onde conseguimos unha gran vitoria por 19-0. Ademais, demos minutos as xogadoras doutras categorias para que sigan medrando e adquirindo experiencia na competición.


Ademais dos resultados, o crecemento dos nosos xogadores e o seu compromiso co equipo son unha proba do gran traballo dos adestradores e do corpo técnico. A filosofía do club, baseada na formación e desenvolvemento integral dos deportistas, segue dando os seus froitos, acadando éxitos e consolidándose como un dos mellores de Galicia.
Seguimos traballando con entusiasmo para que o noso club siga sendo un referente no waterpolo autonómico e para que as novas xeracións sigan levando o nome do CLUB WATERPOLO SANTIAGO.

