O primeiro partido do día tivo como protagonistas aos alevíns, dirixidos por Ceci Cobas, que conseguiron unha vitoria contundente por 12–2. O equipo mostrou desde o inicio unha actitude moi concentrada, impoñendo un ritmo alto en ataque e mantendo unha defensa ordenada.
“Os rapaces saíron moi conectados. O que traballamos nos adestramentos comeza a verse na auga, especialmente na ocupación de espazos e na toma de decisións”, explicou Ceci Cobas ao rematar o encontro.
O resultado confirma a liña ascendente do grupo, que nas últimas semanas amosou un progreso notable tanto a nivel técnico como colectivo.


