O equipo feminino, oitavas na súa primeira experiencia conxunta

Pola súa banda, o equipo feminino do Club Waterpolo Santiago afrontaba en As Pontes o seu primeiro campionato xogando xuntas nesta tempada, unha experiencia que serviu para sumar minutos, aprendizaxe e confianza, rematando nunha meritoria oitava posición final.

As santiaguesas quedaron encadradas no grupo C, onde se mediron a rivais de gran entidade. No primeiro encontro caeron ante Pontevedra Lerez por 10-0 e repetiron resultado fronte ao Náutico de Vigo, marcadores que as enviaron á loita polos postos do sétimo ao noveno.

Nesa segunda fase, o primeiro duelo ante Coruña rematou cun 10-1 adverso, pero o equipo soubo reaccionar e pechar o campionato cunha convincente vitoria por 14-4 ante a Asociación Coruñesa de Waterpolo. Este triunfo permitiulles asegurar a oitava praza e, sobre todo, confirmar a progresión dun grupo que deu os seus primeiros pasos competitivos conxuntos e que amosa un prometedor futuro.

Xogadoras do Club Waterpolo Santiago no Campionato Galego Alevín de Inverno

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario