O CW Santiago La Merenguela finalizou o Campionato Galego Infantil Mixto de Inverno na quinta posición. O equipo comezou a competición nos cuartos de final fronte ao CW Pontevedra, futuro campión do torneo, caendo por 10-1 nun encontro marcado pola superioridade física do rival. Posteriormente, na loita polos postos do quinto ao oitavo, os santiagueses venceron con claridade ao CW Coruña por 11-1, accedendo así ao partido pola quinta praza. No encontro decisivo fronte ao CW As Mariñas, o equipo soubo reaccionar tras comezar por detrás no marcador e acabou logrando a vitoria por 6-4, asegurando así o quinto posto final.


