CAMPUS WATERPOLO 2014

Poñemos a vosa disposición o programa do CAMPUS WATERPOLO 2014 do Club Waterpolo Santiago. No folleto adxunto, poderedes ver a alternativa de lecer, deporte e convivencia que o campamento ofrece. Non só está aberto ós xogadores, senon que tamén se buscará atraer a nov@s xogadores ca intención de facer medrar o waterpolo base na nosa cidade.

As datas do mesmo son do 30 de Xuño ó 11 de Xullo en horario de mañán. Admitiránse nen@s dende os 8 anos ata os 16, tendo a posibilidade de acudir unha ou dúas semanas. No caso de outras idades, valorarase previamente a competencia no nado do pequen@.

O lugar do mesmo, será nas instalacións do Complexo Deportivo Santa Isabel, onde habitualmente desenvolve os entrenos o Club.

Haberá precios especiais para aquelas familias que leven dous ou mais irmáns.

Coma noutras ocasións, informaremos de calquer novidade ou cambio que poida haber no mesmo.

¡¡¡¡¡ANIMÁDEVOS E INSCRIBIR ÓS VOSOS FILL@S E CONOCIDOS!!!!!

 

Non deixedes de preguntar calquer dúbida ou dato que querades que se vos aclare.portada campusinterior campus

CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL DO CWS

Comunicar a todos os asociados do Club, que en cumprimento do artigo 18 dos estatutos do Club Waterpolo Santiago, convócase o vindeiro 18 de Xuño do 2014, á Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria. Esta terá lugar na Sala de Prensa do Multiusos Fontes do Sar en primeira convocatoria ás 20:30 h. e ás 21:00 en segunda convocatoria.

Convídase a todos aqueles interesados a asistir á mesma, e participar nela na orde de rogos e preguntas que terá lugar ao final da mesma.

Recibiredes información máis detallada nos vindeiros días.

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN-BENXAMÍN DE WATERPOLO

CAMPEONATO GALEGO ALEVÍN-BENXAMÍN DE WATERPOLO

Campionato Galego Alevín-Benxamín, o vindeiro día 8 de Xuño en Ferrol

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE WATERPOLO

CAMPEONATO GALEGO CADETE DE WATERPOLO

RCN de Vigo, o vindeiro Domingo, 25 de Maio do 2014

DESPRAZAMENTO DO EQUIPO CADETE AO CAMPIONATO GALEGO DE WATERPOLO

Comunicar que o desprazamento ata Vigo farase, como noutras ocasións, en autocar, onde os xogadores deberán levar 10€, 5€ correspondentes ao bus, e outros 5€ que serán para pago dunha parte do xantar dese día en Vigo.

Lembrar que a hora de saída do vindeiro domingo é ás 8 h. dende Sta. Isabel.

Non esquecer o D.N.I. ou fotocopia compulsada do mesmo.

DESPRAZAMENTO A PONTEVEDRA: PROGRAMA DE DETECIÓN DE TALENTOS

Comunicar que o desprazamento ao Programa de Deteción de Talentos, será por conta dos xogadores, xa que se trata dun programa da FEGAN, e non do club.

PROGRAMA DE DETECIÓN DE TALENTOS: SEGUIMENTO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DE WATERPOLO 2

ENTRENAMENTO WATERPOLO DAS XOGADORAS E XOGADORES DA CATEGORÍA INFANTIL E ALEVÍN

Convócase ás xogadoras e xogadores do Club Waterpolo Santiago da seguinte lista, para o entreno que terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o vindeiro día 24 de Maio das 10:45 h. ás 14:00 h.

Nunha seguinte comunicación nesta páxina, informarase puntualmente de cómo se fará o desprazamento ata Pontevedra.

ImaxeImaxe

PROGRAMA DE DETECIÓN DE TALENTOS: SEGUIMENTO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DE WATERPOLO

ENTRENAMIENTO WATERPOLO FEMENINO

Comunícase ás xogadoras do Club Waterpolo Santiago da seguinte lista, a súa convocatoria para o Programa de Deteción de Talentos, que terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra o vindeiro día 24 de Maio, dende as 15:45 h. ás 18:15 h. En vindeira comunicación nesta páxina, indicarase a maneira na que se desprazarán a dito encontro.

ImaxeImaxe

CAMPEONATO GALEGO CADETE DE WATERPOLO: CONVOCATORIA

CAMPEONATO GALEGO CADETE DE WATERPOLO

25 DE MAIO DO 2014

 

Convócase ós xogadores cadetes do Club Waterpolo Santiago o vindeiro día 25 de Maio do 2014, para a disputa do Campeonato Galego Cadete de Waterpolo, que terá lugar na piscina do Real Club Naútico de Vigo.

 

Categoría: Cadetes

Hora: 10:30 h.

Piscina: RCN de Vigo

Os xogadores a continuación convocados estarán en Santa Isabel as 8 h, onde sairá o bus cara a Vigo.

XOGADORES CONVOCADOS

1. JAVIER ROMARÍS

2. MIGUEL FERNÁNDEZ

3. JORGE LAREU

4. OTTO GOTHLIN

5. ALEX VALLE

6. UXÍA TABOADA

7. DAVID ROMEU

8. TRISTÁN RON

9. JESÚS MONTOIRO

11. XOAQUÍN GENDRA

12. BRUNO SAMPAÑO

13. ANTÓN GENDRA

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO)Imaxe

AVISO ÓS XOGADORES

O sábado día 10 de Maio, non haberá entrenos pola mañán por mor dos partidos que terán lugar ese mesmo día pola tarde.