Galería de fotos do clube

Hola a tod@s!

Informamosvos de que está operativa a conta do clube en Flickr e que recentemente subíronse unha grande cantidade de fotos, grazas á inestimable colaboura de Cholo.

Recordade que isto só é posible grazas ao traballo realizado de recopilación de autorizacións para a publicación de fotografías dos nosos deportistas e que, así, por unha vez, vese recompensado o esforzo de cubrir os “papeliños”.

Temos creado varios albúmes para organizar a colección de fotos (http://www.flickr.com/photos/79065484@N04/sets) sobre dos que podedes navegar e buscar as vosas aparicións. Tamén vos animamos a compartir todas elas nas vosas redes sociais e cos vosos contactos e recordamos que o mais axeitado para elo e facelo compartindo o enlace da foto na conta do clube.

Se tedes mais fotos que estimades que se poden compartir entre todos nos, non dudedes en enviarnoslas.

Saúdos cordiais.

A Xunta Directiva.

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario