Hola a tod@s:
Na última xuntanza da Xunta Directiva do clube acordamos unha serie de criterios relativos ao cobro das cotas de asociados, algunha das cales está pendente de remisión ao cobro bancario.
Como sabedes para poder participar nas actividades deportivas do clube é necesario que o deportista ou, no caso de ser menor de idade, o seu pai/nai/titor sexa socio de número do clube. Isto plantexa o requisito de compatibilizar unha cota de devengo mensual, a dos adestramentos, con outra de devengo anual, a de socio de número, que acarrea problemas no caso de baixas nas que os períodos de devengo non coinciden e que poder xerar para o clube problemas en impagados que, en todo caso, adoitan ser de baixa cantidade.
Para paliar este problema, o sistema de cobro das cotas de asociado no sucesivo realizarase da seguinte forma:
- Nos primeiros días do mes de Xaneiro pasaráse ao cobro a cota do ano 2013, que recordamos está pendente e ascende á cantidade de 25 € por asociado.
- Nos primeiros días do mes de Marzo pasaráse ao cobro a cota do ano 2014.
- A partires de entonces ás novas altas cobraselles a cota de socio do ano en curso completa por adiantado e no seu primeiro recibo.
- A principios de cada ano cobrarase a tódolos socios a cota correspondente a ese ano.
Saúdos cordiais.
A Xunta Directiva