COMPLICADA VITORIA DOS NOSOS CADETES

Tamén os nosos cadetes conseguiron unha importante vitoria ante CN Coruña, moito máis difícil do que o resultado marcou, xa que o noso xogadores non se foron no marcador ata mediados do terceiro cuarto. Ata aí, o marcador reflicte un inquietante 6 a 4, e cun penalti en contra que os coruñeses erraron. A partir dese momento, un parcial de 6 a 1 nese cuarto deu tranquilidade aos santiagueses, que corroboraron cun 3 a 0 no último cuarto, cun marcador final de 15 a 5 que, malia a diferenza, custou conseguilo.

LIGA GALEGA CADETE

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 15 – 5 (1-2; 5-2; 6-1; 3-0)

 

CW SANTIAGO: Javier Romaris, Gabor Pazos, Rodrigo Varela, Otto Gothlin (1), Paulo Junquera, Uxia Taboada (1), David Romeu, Alex Gómez (1), Manuel Cebey (4), Xoaquin Gendra (3), Bruno Sampaño (5), Antón Gendra

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario