Emocionante partido na piscina de Sta. Isabel no duelo de invictos da Liga Galega Absoluta, entre CW Santiago e CN Coruña, que se resolveu por un axustado 9 a 8, despois dun partido, que empezou con alternativas no marcador, tanto no primeiro coma no segundo cuarto, ao cal se chegou cun resultado de 5 goles a 4 a favor dos santiagueses. O terceiro cuarto foi clave, xa que un parcial de 3 a 0 nos primeiros catro minutos do cuarto, supuxo un estirón no marcador do equipo santiagués que soubo aguantar fronte o arreon final dos coruñeses. Éstes conseguiron achegarse ata o 9 a 8 a falta de catro minutos para o final do partido, pero a férrea defensa dos santiagueses, a partir dese momento, conseguiu manter o resultado, que xa non se movería ata o final.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 9- 8 (2-2; 3-2; 3-2; 1-2)
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Ramón Turnes (1), Fernando Mayer (1), Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (1), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño, Pablo Suarez (1), Angel Carro, Jesus Montoiro, Adrian Campaña (2), Bruno Sampaño