BO XOGO CON DERROTA DOS INFANTILES EN VIGO

Despois do partido absoluto, se disputo un novo enfrontamento entre os vigueses e os santiagueses, ésta vez en categoría infantil, e onde o resultado esta vez foi favorable aos vigueses por 8 goles a 4, despois dun partido bastante máis igualado do que o resultado reflicte, e que decidiu a maior puntaría de cara a portaría dos vigueses. Isto deulles un triunfo merecido. Bo traballo dos nosos infantís que seguen progresando véndoselles un xogo cada vez máis homoxéneo e máis vistoso, e que xogando así, os resultados tarde ou cedo chegaran.

LIGA GALEGA INFANTIL

RCN VIGO – CW SANTIAGO   8-4 (2-1; 1-0; 2-1; 2-0; 0-1; 1-1)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert (1), Santiago Esturao, Gabor Pazos (1), Rosalía Rey, Alex Gómez (2), Esteban Carrillo, Jorge Gómez, Antonio Moscoso, Pablo Chico, Jorge Rodríguez

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario