VITORIA DOS ABSOLUTOS EN VIGO

Este domingo, día 18, comezou a segunda volta da liga galega de waterpolo absoluta de 1ª División, onde o noso equipo se desprazou a Vigo para enfrontarse a RCN de Vigo.

Partido complicado despois do parón do Nadal. Como se prevía, o partido comezou moi igualado, cun xogo moi físico pero pouco preciso de cara ás dúas portarías, provocando un parcial de empate a 1, que aínda previa un partido máis igualado. Pero o bo facer defensivo e un pouco máis de puntaría dos xogadores santiagueses provoco un lixeiro estirón no segundo cuarto ao cal se chegou cun resultado de 2 a 4, despois dun parcial de 1 a 3 favorable aos santiagueses. O terceiro cuarto prevíase definitivo para saber se os vigueses aguantarían o tirón, pero a mellor condición física e definición de cara a portaría dos santiagueses provocou un parcial de 2 a 4 neste cuarto que estirou a vantaxe dos santiagueses ata un case definitivo 4 a 8. Este resultado foi rubricado cun parcial final de 1 a 4 que sentenciou o resultado final, cun definitivo 5 a 12. Destacar o bo traballo defensivo dos santiagueses e a grande actuación de Pablo Piñeiro autor de dez dos doce goles do equipo santiagués.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ªDIVISION

RCN VIGO – CW SANTIAGO     5 – 12 (1-1; 1-3; 2-4; 1-4)

CW SANTIAGO: Calos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes, Alberto Cabrera, Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (10), Jesús Montoiro, Antonio Caamaño, Pablo Suárez, Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Javier Romarís.

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s