Na categoría cadete mixta, o CW Santiago iniciou o partido con dificultades para conter as primeiras ofensivas do rival, que colleu vantaxe nos primeiros minutos. Porén, o equipo reaccionou con intelixencia e intensidade, conseguindo igualar o marcador ao descanso grazas a unha sólida defensa e xogadas rápidas en transición.
Na segunda metade, os erros en ataque pasaron factura, e o marcador final non reflexa o equilibrio que houbo durante boa parte do encontro. A pesar do resultado, as sensacións foron positivas, especialmente polo compromiso colectivo e pola capacidade de adaptación táctica amosada polo grupo.

Un equipo que segue a construírse e a mirar cara adiante con ambición.


