🥉 Infantil Mixta – Peche de tempada co bronce da liga

O conxunto infantil mixto rematou a liga cun gran sabor de boca, tras conseguir unha vitoria contundente por 12-2 que lles permite ocupar a terceira posición final na clasificación.

Tras un primeiro cuarto algo titubeante, no que cometeron algúns erros defensivos, o equipo axustou o sistema defensivo e atopou o camiño do gol con facilidade. A intensidade, a circulación rápida do balón e a concentración foron claves para dominar o resto do encontro e pechar a tempada con bo nivel de xogo.

Infantis Mixto do CWS
Adrián Odilon

🥉 Este bronce é o reflexo dun traballo constante ao longo de todo o ano. Parabéns a todo o equipo polo compromiso e a evolución demostrada!

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario