NON HABERÁ ENTRENOS

O vindeiro martes, 24 de Xuño, non haberá entrenos por mor do peche das instalacións de Santa Isabel, por ser día festivo en Santiago.

I TORNEO ALEVÍN-MIXTO DE WATERPOLO CIUDAD DE ZAMORA

O vindeiro día 28 de Xuño, o Club Waterpolo Santiago participará no I Torneo Alevín – Mixto Ciudad de Zamora. O devandito torneo está a ser organizado polo Club Waterpolo Zamora.

Será a primeira experiencia fora de nosa comunidade autónoma para os nosos xogadores mais novos. Premio para uns xogadores que gañaron a pulso esta viaxe, dado o seu traballo dende o comenzo da tempada, cos seus entrenos e millora colectiva. Esperamos que lles sirva como incentivo para continuar con ese traballo tan ben feito.

No torneo enfrontaranse tres equipos vascos, un cántabro e o Club Waterpolo Zamora, ó cual lle agradecemos a súa invitación, desexando, ademais, representar do millor xeito posible a nosa comunidade.

En vindeiras novas, darase información das condicións do desprazamento, así como, dos xogadores convocados.

Parabens ós nosos alevíns…escudo

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE VERÁN

Image

O vindeiro sábado, 14 de Xuño, terá lugar nas instalación do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra o Campionato Galego Infantil de Waterpolo.

Como noutras ocasións, o Club Waterpolo Santiago participará no devandito Campionato.

É, por iso, que se convoca ó equipo infantil para disputar o torneo. A convocatoria é a seguinte:

DATA: 14 de Xuño do 2014, Sábado

LUGAR: Piscina do CGTD

HORA: 09:45 h.

SAÍDA: o bus sairá dende Sta. Isabel ás 08:15 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. MARTÍN TORREIRA

2. LUIS GILBERT

3. ROBERTO VIEIRO

4. GABOR PAZOS

5. ROSALÍA REY

6. ALEX GÓMEZ

7. DANIEL FERREIRA

8. ESTEBAN CARRILLO

9. JORGE GÓMEZ

10. DAMIÁN ANTELO

11. ANTONIO MOSCOSO

12. MANUEL CEBEY

13. LAURA SANLUIS

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO) E 10€ PARA O PAGO DO BUS E DA COMIDA.

CONVOCATORIA ALEVÍN E BENXAMÍN PARA O CAMPIONATO GALEGO DE WATERPOLO. DOMINGO 8 DE XUÑO

Comunícase ós xogadores alevíns e benxamíns do Club Waterpolo Santiago, a súa convocatoria para o vindeiro domingo, 8 de Xuño, por mor do Campionato Galego de Waterpolo, que terá lugar en Ferrol.

A convocatoria é a seguinte:

Categoría Benxamín

Domingo, 8 de Xuño do 2014

Hora: 12:45 h.

Lugar: Piscina de Batallones ( Ferrol )

Saída: O bus sairá de Santa Isabel ás 08:15 h.

Xogadores convocados

1.- Roberto Carro

2.- Nerea Carrillo

3.- Mauro Rodríguez

4.- Anxo Panero

5.- Fernando Ferrer

6.- Sabela Ferreira

7.- Daniel Ferreira

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO) E 10 EUROS PARA O PAGO DO BUS E DA COMIDA

 

Categoría Alevín

Domingo, 8 de Xuño do 2014

Hora: 10:15 h.

Lugar: Piscina de Batallones ( Ferrol )

Saída: O bus sairá de Santa Isabel ás 08:15 h.

Xogadores convocados

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GILBERT

3. SANTIAGO ESTURAO

4. DANIEL FERREIRA

5. FERNANDO FERRER

6. ALEX GÓMEZ

7. SARA VALLE

8. NEREA CARRILLO

9. ANXO PANERO

10. MALCO GOMEZ

11. ANXO PAZOS

12. JORGE GOMEZ

13. MAURO RODRIGUEZ

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO) E 10 EUROS PARA O PAGO DO BUS E DA COMIDA

COPA GALEGA ABSOLUTA DE WATERPOLO

Imaxe

Vinde todos a animar ó noso equipo.

SUSPENSION DOS ADESTRAMENTOS

Comunicar que o vindeiro sábado, os adestramentos quedan suspendidos por mor da Copa de Galicia de Waterpolo.

NOVOS HORARIOS DOS ADESTRAMENTOS NO MES DE XUÑO

Imaxe

O Club Waterpolo Santiago informa a todos os deportistas das categorías infantil, alevín e benxamín, que a partir do vindeiro luns 2 de xuño os adestramentos terán lugar na Piscina de Santa Isabel ( rúa Tras Santa Isabel, s/n ) no seguinte horario:

De luns a venres de 19 a 20 horas

A categoría Cadete adestrará, tamén na Piscina de Santa Isabel

todos os días de 21:30 a 23:15 h

Así mesmo, informámosvos que os horarios do sábado e do domingo, mantéñense do mesmo xeito que ata agora:

Sábado, de 12:15 – 13:30 h: Alevíns e benxamíns

Sábado, de 12:15 – 14:15 h: Infantil e Cadetes

Domingo, de 9:00 – 11:00 h: todas as categorías

CAMPUS WATERPOLO 2014

Poñemos a vosa disposición o programa do CAMPUS WATERPOLO 2014 do Club Waterpolo Santiago. No folleto adxunto, poderedes ver a alternativa de lecer, deporte e convivencia que o campamento ofrece. Non só está aberto ós xogadores, senon que tamén se buscará atraer a nov@s xogadores ca intención de facer medrar o waterpolo base na nosa cidade.

As datas do mesmo son do 30 de Xuño ó 11 de Xullo en horario de mañán. Admitiránse nen@s dende os 8 anos ata os 16, tendo a posibilidade de acudir unha ou dúas semanas. No caso de outras idades, valorarase previamente a competencia no nado do pequen@.

O lugar do mesmo, será nas instalacións do Complexo Deportivo Santa Isabel, onde habitualmente desenvolve os entrenos o Club.

Haberá precios especiais para aquelas familias que leven dous ou mais irmáns.

Coma noutras ocasións, informaremos de calquer novidade ou cambio que poida haber no mesmo.

¡¡¡¡¡ANIMÁDEVOS E INSCRIBIR ÓS VOSOS FILL@S E CONOCIDOS!!!!!

 

Non deixedes de preguntar calquer dúbida ou dato que querades que se vos aclare.portada campusinterior campus

CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL DO CWS

Comunicar a todos os asociados do Club, que en cumprimento do artigo 18 dos estatutos do Club Waterpolo Santiago, convócase o vindeiro 18 de Xuño do 2014, á Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria. Esta terá lugar na Sala de Prensa do Multiusos Fontes do Sar en primeira convocatoria ás 20:30 h. e ás 21:00 en segunda convocatoria.

Convídase a todos aqueles interesados a asistir á mesma, e participar nela na orde de rogos e preguntas que terá lugar ao final da mesma.

Recibiredes información máis detallada nos vindeiros días.

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN-BENXAMÍN DE WATERPOLO

CAMPEONATO GALEGO ALEVÍN-BENXAMÍN DE WATERPOLO

Campionato Galego Alevín-Benxamín, o vindeiro día 8 de Xuño en Ferrol