I TORNEO ALEVÍN-MIXTO DE WATERPOLO CIUDAD DE ZAMORA

O vindeiro día 28 de Xuño, o Club Waterpolo Santiago participará no I Torneo Alevín – Mixto Ciudad de Zamora. O devandito torneo está a ser organizado polo Club Waterpolo Zamora.

Será a primeira experiencia fora de nosa comunidade autónoma para os nosos xogadores mais novos. Premio para uns xogadores que gañaron a pulso esta viaxe, dado o seu traballo dende o comenzo da tempada, cos seus entrenos e millora colectiva. Esperamos que lles sirva como incentivo para continuar con ese traballo tan ben feito.

No torneo enfrontaranse tres equipos vascos, un cántabro e o Club Waterpolo Zamora, ó cual lle agradecemos a súa invitación, desexando, ademais, representar do millor xeito posible a nosa comunidade.

En vindeiras novas, darase información das condicións do desprazamento, así como, dos xogadores convocados.

Parabens ós nosos alevíns…escudo

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s