DOBRE VITORIA INFANTIL

Fin de semana con dobre xornada para os nosos infantís que saldaron os seus dous encontros con vitorias traballadas. A primeira o sábado ante o Club Mariña Ferrol nun partido moi traballado e que, menos nuns minutos de desconcerto defensivo ao final do terceiro cuarto e principio do cuarto, os santiagueses foron superiores rematando o encontro cun merecido 9 a 3 final.
O domingo tocaba desprazarse a Coruña para enfrontarse ó ACW. Partido con varias baixas entre os xogadores santiagueses que aínda así, souberon sobrepoñerse e vencer por 5 goles a 3, nun encontro marcado polo gran traballo defensivo dos nosos xogadores, nun esforzo titánico que provocou manter a portaría a 0 en catro dos seis cuartos, e que malia errar varias ocasións claras en ataque, deulles a vitoria.

LIGA GALEGA INFANTIL

CW SANTIAGO – CLUB MARINA FERROL 9-3 (1-0; 2-0; 1-1; 3-2; 2-0; 0-0)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro (3), Denis Míguez, Rosalía Rey (1), Alex Gómez (4), Iván Vieites, Esteban Carrillo (1), Antonio Moscoso, Pablo Chico, Jorge Rodríguez, Laura Sanluis.

LIGA GALEGA INFANTIL

ACW – CW SANTIAGO 3 – 5 (0-0; 0-1; 0-1; 2-1; 0-2; 1-0)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Santiago Esturao, Fernando Ferrer, Rosalía Rey, Alex Gómez (1), Iván Vieites, Esteban Carrillo (4), Antonio Moscoso, Jorge Rodríguez, Laura Sanluis.

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario