NOVA VITORIA DOS ABSOLUTOS FRONTE FERROL

Continua o refacho do CW SANTIAGO na liga galega absoluta de 1ª División. Ésta vez foi o CLUB MARIÑA FERROL o que sucumbiu ante os santiagueses por un claro 18 a 4, nun partido que aínda que comezou algo frio no xogo durante os primeiros minutos, a maior calidade e experiencia dos xogadores locais lles levo a este claro resultado, continuando así de forma inmaculada, contando os partidos por vitorias. Comezou o partido con gol do equipo visitante, e que no seguinte ataque, unha superioridade dos ferrolanos fixo espertar aos locais que con catro goles seguidos se puxeron xa por diante de forma clara. O segundo cuarto, un bo traballo defensivo fixo que, aínda que a falta de claridade en ataque, non se notase e distanciou con dous goles máis o marcador, chegándose á metade do partido cun claro 6 a 1. O terceiro cuarto supuxo o despegue definitivo cun parcial de 6 a 2, para colocarse nun claro 12 a 3, que os santiagueses ampliaron cun parcial de 6 a 1, que deixo o claro e definitivo o 18 a 4 final. Esto coloca a só un punto aos santiagueses de rematar líderes da fase regular, o que lle daría vantaxe de campo nos play off.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN

CW SANTIAGO – CLUB MARINA FERROL    18 – 4 (4-1; 2-0; 6-2; 6-1)

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes (4), Fernando Mayer (1), Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo, Antonio Caamaño (3), Pablo Suárez (2), Angel Carro (4), Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Jesús Montoiro

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s