Tamén os nosos alevíns tiveron dobre xornada este fin de semana. O igual que os infantís o sábado enfrontáronse ao Club Mariña Ferrol onde, malia a mellora e bo xogo realizado, sucumbiron ante os ferrolanos, moi superiores físicamente por un claro 12 a 2, aínda que a melloría a cada partido denota o bo traballo que se está a realizar.
O domingo ao igual que os infantís desprazáronse a Coruña para enfrontarse a ACW, aínda que cun resultado máis positivo que ante Ferrol, xa que conseguiron vencer por 5 a 11, nun encontro no que sempre estiveron por diante no marcador, realizando un encontro moi serio que lles deu a vitoria de forma clara. Destacar o debut de Uxía Sanluis, unha das deportistas máis novas da canteira santiaguesa con só 8 anos.
LIGA GALEGA ALEVÍN
CW SANTIAGO – CLUB MARINA FERROL 2- 12 (0-2; 0-1; 1-4; 0-2; 1-3; 0-0)
CW SANTIAGO: Roberto Carro, Luis Guilbert, Santi Esturao, Anxo Panero (1), Fernando Ferrer (1), Rebeca Gothlin, Nerea Carrillo, Iago Otero, Iago Garabato.
LIGA GALEGA ALEVÍN
ACW – CW SANTIAGO 5 – 11 (0-1; 1-3; 2-0; 1-3; 1-2; 0-2)
CW SANTIAGO: Roberto Carro, Luis Guilbert (8), Santiago Esturao (1), UxÍa Sanluis, Fernando Ferrer (1), Natalia Vieites, Nerea Carrillo, Iago Garabato (1), Anxo Panero, Gabriel Lesende.