CAMPIONATO ALEVÍN

CRÓNICA CAMPIONATO ALEVÍN

Logo Club Wterpolo Santiago

 

O sábado pasado disputouse en Pontevedra o Campionato  Galego Alevín de Inverno con dobre representación por parte do CW Santiago.

Por un lado o equipo A formado polos xogadores de categoría alevín,  os cales lograron un terceiro posto, despois de conseguir 2 vitorias e una derrota.

No seu primeiro enfrontamento na fase de grupos perderon 3-5 contra Vigo A, nun partido marcado pola igualdade e onde o maior físico do rival foi clave para o resultado.

No segundo partido do grupo impuxéronse por 8-1 a CN Coruña, equipo que contaba con moitos xogadores que empezaron esta temporada e debutaban en partido, polo que foi una boa oportunidade para dar minutos a todos os xogadores.

Na loita polo terceiro posto contra Vigo B e a pesar de un mal inicio dos santiagueses, este foron capaces de darlle a volta o encontro e impoñerse con claridade por 12-5 logrando o terceiro posto.

Xogaron: Máteo, Carlos, Lucas, Fernando, Uxía, Samuel, Yago e Miguel.

 

Por outra banda o equipo B formado por xogadores de categoría benxamín remataron o campionato no sexto e último posto, a pesar do cal fixeron una moi boa actuación pois era o único equipo que non contaba con xogadores alevíns.

No primeiro partido para eles perderon contra Vigo B por 1-7, a pesar do cal fixeron un bo traballo defensivo a excepción do segundo cuarto.

No segundo partido enfrontáronse a Pontevedra, equipo que acabaría gañando o campionato e contra o que non puideron facer nada ante un moi bo equipo e que rematou con un marcador de 1-8.

Por ultimo enfrontáronse a CN Coruña polo quinto posto, pero o cansanzo acumulado e a diferenza de físico notouse moito e remataron o partido cun marcador encontra de 2-16.

A pesar dos resultados debemos felicitalos polo traballo realizado que les servirá para o Campionato Benxamín que se celebrará este sábado en Pontevedra e no cal tamén haberá dobre representación.

Xogaron: Magín, Nicolás, Miguel, Ariana, Saray, Pepe, Alex e Guillermo.

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s