DOBRE DERROTA ABSOLUTA E CADETE
Este sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago; visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CW Pontevedra. Dous partidos disputáronse cun balance de dúas derrotas (cadete mixto e Absoluto de Primeira División)
A xornada deu comezo co partido en categoría cadete, partido igualado ata o terceiro cuarto no que os de Lerez fóronse de tres goles e os locais a pesar dos esforzos realizados non conseguiron achegarse no marcador, a pesar de todo moi bo partido dos nosos cadetes que deron todo ata o final.
LIGA GALLEGA CADETE MIXTA
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 8 – 12 (1-1; 2-2; 1-4; 4-5)
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, SANTIAGO ESTURAO, GABOR PAZOS (2), GERMAN BRUZOS, ALEX GOMEZ (6), IVAN VIEITES, OSCAR ALVAREZ, JORGE GOMEZ, ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO, JORGE RODRIGUEZ
A continuación celebrouse o partido en categoría absoluta de primeira división, duelo de invictos o cal facía presaxiar un partido igualado como así ocorreu, chegándose ao final do encontro con resultado final de dez a once favorable aos visitantes.
Inicio igualado desde o principio con alternativas no marcador, e con gran defensa por parte dos locais que lles levou ao descanso cun gol arriba no marcador (catro a tres) a pesar das innumerables ocasións falladas en ataque, algo que pagarían os locais ao remate do encontro, onde a maior efectividade en ataque dos visitantes deulles o partido, que aínda así puido caer de calquera dos equipos e que terminou cun resultado final de dez a once favorable aos pontevedreses.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 10 – 11 (2-3; 2-0; 2-4; 4-4)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, ALEX GOMEZ, RAMON TURNES, GABOR PAZOS, LUIS FERRER (1), PABLO PIÑEIRO, BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO (4), PABLO SUAREZ (2), MIGUEL A. BARCA, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, MARTIN TORREIRA