Cuatro xogadores do Club Waterpolo Santiago convocados coa Selección Galega Infantil Feminina e Masculina

O waterpolo galego segue sumando talento e representación a nivel nacional. A Selección Galega Infantil, tanto Feminina como Masculina, contará con catro deportistas do Club Waterpolo Santiago na súa convocatoria para o próximo campionato por federacións.

O torneo celebrarase do 3 ao 6 de abril en Palma de Mallorca, onde os mellores xogadores e xogadoras infantís do país competirán nun evento de máximo nivel. Nesta ocasión, tres xogadoras e un xogador do Club Waterpolo Santiago foron chamados para representar a Galicia, demostrando o gran traballo que se está a facer na nosa base.

Esta convocatoria supón un grande orgullo para o Club Waterpolo Santiago, que segue apostando polo desenvolvemento dos seus xogadores e xogadoras. O esforzo, dedicación e compromiso destes deportistas vese recompensado cunha experiencia única defendendo as cores da nosa selección.

Desde o club queremos felicitalos e desexarlles o mellor nesta competición. Estamos seguros de que levarán o nome do noso club e do waterpolo galego ao máis alto!

Moita sorte, equipo!

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario