O CW Santiago achega talento á selección Infantil galega de waterpolo

O Club Waterpolo Santiago volverá estar presente un ano máis na selección galega de waterpolo, achegando varios xogadores e xogadoras ás diferentes convocatorias autonómicas. Nesta ocasión, os representantes do club serán Andrea González González, Gabriel Vlad, Gael Caamaño Fernández, Hugo Mata Pardo, Iván Vieites Marey, Marina Mourelos Ruibal

Este feito pon en valor o traballo diario que se realiza desde a base, así como o compromiso do club coa formación integral dos seus deportistas. A presenza de representantes do club na selección galega é un motivo de orgullo para toda a entidade, e reflexa o crecemento e consolidación do proxecto deportivo do CW Santiago.

Desde o club, queremos felicitar aos convocados e convocadas, e desexarlles moita sorte nesta nova etapa representando a Galicia.

PROGRAMA DE DETECCIÓN DE TALENTOS

Seguimento Galego de Tecnificación de Waterpolo – día 30/10/25

Concentración Infantil Masculina Sur – Piscina : Rías do Sur – ( Pontevedra )

Hora de entrada: 10:00 – Hora de salida: 11:45

Seguimento Galego de Tecnificación de Waterpolo – día 30/10/25

Concentración Infantil Femenina Sur – Piscina : Rías do Sur – ( Pontevedra )

Hora de entrada: 11:45 – Hora de salida: 13:30

O Club Waterpolo Santiago, recoñecido como Mellor Clube de Base na II Gala FEGAN

Durante a gala celebrada o sábado 11-10-25 en Ponteareas, a Federación Galega de Natación premiou aos mellores clubes e deportistas da tempada 2024/25, salientando o papel das categorías inferiores.

A Federación Galega de Natación (FEGAN) celebrou —o sábado 11 de outubro— a súa Segunda Gala FEGAN no Auditorio Reveriano Soutollo de Ponteareas, recoñecendo publicamente aos mellores clubs, deportistas e técnicos da tempada 2024/2025. Entre os galardoados figurou o Club Waterpolo Santiago, que foi distinguido co premio ao Mellor Clube de Base de Waterpolo pola súa destacada actuación nas categorías inferiores.👉 “Recollido por Ceci Cobas, adestradora das categorías inferiores do Club Waterpolo Santiago.”

O acto estivo conducido por Terio Carrea e Alberto Aliaga, e contou coa colaboración do Concello de Ponteareas, da RTVG, da Academia de Danza e Música Moderna local, e de patrocinadores como Jim Sport e a Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.

Recoñecemento ao labor base

O premio ao Mellor Clube de Base ten especial significado, pois destaca o traballo formativo nas categorías inferiores, fundamental para o desenvolvemento futuro do deporte. A decisión foi tomada pola Xunta Directiva e a Comisión de Premiación da FEGAN, con base nos resultados e esforzos dos clubes ao longo da temporada.

Para o Club Waterpolo Santiago supón non só un distintivo, senón unha visibilización do seu compromiso coa promoción do waterpolo entre idades iniciais.

A II Gala FEGAN naceu coa idea de facer visibles os méritos deportivos galegos en natación, waterpolo, augas abertas, natación artística e deportes máster. No evento entregáronse premios e distincións baseados no rendemento da tempada pasada.

A gala comezou ás 18:30 horas, no auditorio de Ponteareas. Foi retransmitida pola TVG e gozou do apoio institucional (Concello de Ponteareas) e de patrocinadores.

Ademais do noso club, outros clubs de waterpolo tamén foron premiados noutros ámbitos. Isto permite situar o premio ao Club Waterpolo Santiago nun contexto de competencia entre clubs galegos, especialmente no ámbito de base e formación.

Importancia histórica e estatísticas

O enfoque nas categorías inferiores é vital para o crecemento sostido do waterpolo en Galicia. Ao premiar o mellor club base, a FEGAN incentiva a calidade dos proxectos formativos, non só os resultados de elite.

Así, este recoñecemento da gala reforza unha tradición do club como actor relevante no panorama autonómico do waterpolo, especialmente no ámbito da promoción e a base.

Repercusión e perspectivas futuras

Este premio achega visibilidade ao Club Waterpolo Santiago, o que pode traducirse en maiores oportunidades de captación de patrocinadores, apoio institucional e novos talentos interesados en a práctica do waterpolo desde idades prematuras.

Ademais, ao recibir este recoñecemento nun escenario galego de relevo deportivo, o club reforza o seu perfil perante entidades públicas, potenciando posibles colaboracións e investimento no melloramento de infraestruturas e recursos.

Para a próxima tempada 2025/26, o obxectivo será consolidar os éxitos nas categorías de base, mantendo o nivel competitivo e formativo que permitiu acadar este galardón, ao mesmo tempo que se busca medrar nas categorías superiores.

Rematadas as Ligas Masculina e Feminina de División de Honra sen disputar os play-offs

Fin de semana de waterpolo para o CW Santiago

O vindeiro sábado 24 e domingo 25 de maio, o Club Waterpolo Santiago ten por diante unha intensa fin de semana de competicións nas diferentes categorías da Liga Galega 24/25, co noso club como protagonista tanto na casa como fóra.

Sábado na piscina Santa Isabel (Santiago)

A tarde do sábado estará cargada de partidos na piscina de Santa Isabel, onde os nosos equipos recibirán ao CW Pontevedra e ao Marina Ferrol nas seguintes categorías:

🐸 Benxamín Mixta (15:15 h): CW Santiago vs CW Pontevedra Lérez

🐸 Infantil Mixta (16:15 h): CW Santiago vs CW Pontevedra Boa Vila

🐸 Xuvenil Masculina (17:15 h): CW Santiago vs CW Pontevedra

🐸 Máster (18:45 h): CW Santiago Máster vs CM Ferrol Máster

Será unha xornada perfecta para gozar do deporte en familia, animar aos nosos xogadores e vivir o espírito competitivo e saudable que caracteriza ao noso club.

Domingo na piscina San Diego (A Coruña)

O domingo o CW Santiago desprázase ata A Coruña para continuar co calendario ligueiro na piscina de San Diego fronte ao CW Coruña Rías Altas:

🐸 Alevín Mixta (16:30 h): CW Coruña Rías Altas vs CW Santiago B

🐸 Absoluta Feminina DH (17:45 h): CW Coruña Rías Altas vs CW Santiago

Un reto fóra da casa que os nosos equipos afrontan con ilusión, esforzo e gañas de seguir medrando.

Anímate a acompañarnos, compartir a paixón polo waterpolo e seguir construíndo, entre todas e todos, un club unido, alegre e competitivo!

Partidos patrocinado por:

Travesia do Porto,sn, CP 15895 O Milladoiro, A coruña, Santiago de Compostela

Nova xornada de liga para o CW Santiago

Este domingo 4 de maio, o Club Waterpolo Santiago desprazarase ao Náutico de Vigo para disputar unha nova xornada da Liga Galega 24/25, con catro partidos fronte ao RCN de Vigo en distintas categorías.

📅 Programación dos partidos:

  • 15:45 h | Xuvenil Masculina
  • 17:00 h | Infantil Mixta
  • 18:00 h | Absoluta Feminina DH
  • 19:15 h | Alevín B Mixta (CW Santiago )

Unha tarde completa de waterpolo onde o noso club volverá a demostrar o compromiso, o esforzo e o bo xogo que nos caracteriza. ¡A disfrutar do deporte e a seguir medrando como equipo!