Quinto posto con sabor a esforzo no Campionato Galego Infantil Mixto de inverno


A pasada fin de semana, o Club de Waterpolo de Santiago viaxou ao Concello de Cervo para competir no Campionato Mixto de Inverno Infantil de Galicia con dous equipos en liza. O equipo Infantil A, tivo unha actuación destacada, rematando nunha meritoria quinta posición tras unha intensa competición.

Equipo Infantil A -Mixto- composto por nenos da categoría Infantil e Alevín. CW SANTIAGO

A fase de grupos comezou cunha sólida vitoria ante o CW As Mariñas por 14-4, nun partido no que o equipo de Santiago amosou un alto nivel tanto en ataque como en defensa. No segundo partido do grupo enfrontáronse ao poderoso RCN de Vigo, que acabou sendo campión do torneo. A pesar do esforzo, o noso equipo caeu por 3-13, resultado que os relegou a loitar pola cuarta a sexta posición.

Nesta nova fase, o Infantil A non logrou superar ao CM Ferrol, caendo 1-11, pero pechou o campionato cunha clara vitoria ante o equipo feminino do CW Pontevedra por 11-1, asinando así un balance final positivo e conseguindo o quinto posto do torneo.

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario