Horario xuño alevíns

Como cada ano, a partir do próximo venres 1 de xuño, os entrenos dos deportistas do Clube Waterpolo Santiago cambian de horario e de piscina. Dos que tiñamos establecidos desde o mes de octubre ata maio, nas piscinas do Sar, pasamos ós seguintes:

de LUNS a VENRES
de 19.30 a 20.30h
na PISCINA DE STA.ISABEL

¡Ánimo rapaces/rapazas que estamos traballando moi ben!

Sorteados os enfrontamentos da Copa Galega Absoluta Masculina e Feminina

Xa se coñecen os enfrontamentos da Copa Galega Absoluta Masculina e Feminina que se disputará o próximo día 2 de xuño en Santiago, nas instalacións de Santa Isabel.

As semifinais masculinas serán CW. Santiago contra o gañador do RC.Náutico de Vigo – Pabellón Ourense (4ºposto), e o Galaico Pontevedra contra Natación Coruña.

A Copa Galega Feminina disputarase en forma de liguilla entre os tres clubes participantes, coa seguinte orde de partidos: CW. Santiago – CN. Coruña, CN. Coruña – Galaico Pontevedra e CW. Santiago – Galaico Pontevedra.

Esperámosvos a todos para animar ós nosos equipos e que haxa un gran ambiente coma no Play-Off da liga, e sobre todo, desexámoslle moita sorte a tódolos equipos participantes.

               

Sábados 26 e 2 de xuño – non adestramento

Este sábado día 26 (por motivo da clausura dos cursos de natación escolar de Sta.Isabel) e o próximo sábado 2 de Xuño (por celebrarse as Copas Galegas Absolutas de Waterpolo, masculina e feminina) suspéndense os adestramentos do equipo.