Xa se coñecen os enfrontamentos da Copa Galega Absoluta Masculina e Feminina que se disputará o próximo día 2 de xuño en Santiago, nas instalacións de Santa Isabel.
As semifinais masculinas serán CW. Santiago contra o gañador do RC.Náutico de Vigo – Pabellón Ourense (4ºposto), e o Galaico Pontevedra contra Natación Coruña.
A Copa Galega Feminina disputarase en forma de liguilla entre os tres clubes participantes, coa seguinte orde de partidos: CW. Santiago – CN. Coruña, CN. Coruña – Galaico Pontevedra e CW. Santiago – Galaico Pontevedra.
Esperámosvos a todos para animar ós nosos equipos e que haxa un gran ambiente coma no Play-Off da liga, e sobre todo, desexámoslle moita sorte a tódolos equipos participantes.