Como consecuencia de cambios motivados polas competicións do equipo absoluto masculino e para aproveitar a dispoñibilidade de auga derivada dos mesmos, cambiase o horario de adestramentos na semana do 14 ao 25 de maio.
Categoría: Noticias clube
Xornadas de Tecnificación cadete

Este pasado sábado día 5 de maio catro xogadores do CW SANTIAGO: Angel Carro (1996), Adrian Pallares (1996), Carlos Viaño (1997) e Luis Ferrer (1997), acudiron a Pontevedra para ás Xornadas de Tecnificación cadete coa presenza de Antonio Aparicio, técnico da Real Federacion Española de Natación e máximo responsable do Plan Nacional de Tecnificación de Wáter-Polo.
A xornada estivo dividida en dúas sesións, pola mañá de 11 a 13.30 h, facendo traballo técnico-táctico, alternando exercicios estáticos en grupo e movementos defensivos de situacións de partido. A segunda sesión comezou ás 16 h e estivo dividida en movementos defensivos en estático, de ataque en movemento e finalmente partidos.
Moi boa actitude de todos os xogadores, notándose o cansazo ao final da sesión, moi boa experiencia para os nosos xogadores que esperemos sírvalles para continuar adestrando coa mesma actitude e ganas.
Fin da participación da selección infantil galega no campionato nacional
A selección infantil galega de waterpolo finalizou a súa participación no Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais, celebrado en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012.
No último partido, os xogadores dirixidos por Xavi Pérez perderon fronte ao equipo da Federación da Comunidade Valenciana por un rotundo 11-3. No global do campionato a selección acadou un total de 15 goles, sendo o máximo goleador Francisco Pedreira, con 6 tantos.
O gañador do campionato foi a selección catalana que impuxose na final á selección madrileña por 11-5. Noraboa aos campións (na foto).
Entrevista en SantiagoTV
O recente éxito deportivo do clube ao proclamarse por terceiro ano consecutivo campión da Liga Galega Absoluta, propiciou que moitos dos medios de comunicación locais da cidade de Santiago se interesasen polo clube, obtendo, así, unha promoción adicional das nosas actividades.
En concreto, o 26/3/2012 o programa La prórroga de SantiagoTV entrevistou á presidenta, ao entrenador e mais a Pablo Piñeiro, en representación dos xogadores do equipo absoluto, para faltar do título recén conseguido.
Pódedes ver a continuación a entrevista completa:
Tamén podedes seguir a canle YouTube do clube: http://www.youtube.com/user/CWSantiago/videos
Derrota da selección galega infantil no campionato español 2012
A selección infantil galega de waterpolo perdeu o seu primeiro partido no Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais, que celébrase en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012.
Os waterpolistas galegos enfrentaronse ao equipo da Federación Navarra, perdendo por 4-11.
Pola selección galega anotaron Oscar Montes, Francisco Pedreira (2) e Pablo Teijeira.
O próximo partido disputarase o 31/03/2012 ás 12:00 horas fronte á Federación Ceuta.
Os resultados pódense seguir en tempo real no sitio web da Federación Española de Natación.
Campionato infantil seleccións territoriais 2012
O Campionato de España Infantil Mixto de Wáter-Polo por Federacións Territoriais celébrase en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012.
O Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais é a única proba por seleccións existente no Wáter-Polo Nacional. Ao finalizar o campionato, o seleccionador da RFEN para categorías inferiores elixirá dous xogadores por cada selección para ir á Concentración Nacional de Wáter-Polo Infantil. Desta selección sairá un equipo que podería representar a España nun Campionato Internacional da categoría.




