Concentración Galega Feminina

O pasado 2 de Febreiro celebrouse unha concentración de waterpolo feminino galego no Complexo Rías do Sur en Pontevedra. Do compoñente santiagues asistiron Ana Leis, Irene Raposo e Sara Chorén.

A xuntanza das rapazas dos tres equipos galegos, Pontevedra,  Coruña e Santiago, serviu para coñecer distintas xogadas, aprender de cada unha das xogadoras, e  promover o waterpolo feminino. O obxectivo destas concentracións que se están a celebrar nas distintas cidades galegas, é formar unha selección galega de waterpolo feminino competente para asistir o próximo mes de Maio á fase de ascenso a 2ª división.

A impresión das nosas xogadoras foi moi positiva, xa que crea unha unión entre todas elas e deixan a un lado esa rivalidade que existe cando están enfrentadas.

PRESELECCIÓN GALEGA FEMININA

Este pasado sábado 17 de novembro empezaron unha serie de concentracións da preselección Galega feminina absoluta, que disputará a fase de ascenso para o campeonato de España de 1ª División, aínda con data por determinar.

Nesta preselección participan tódalas xogadoras dos tres equipos femininos galegos, da que se sacará a lista definitiva para participar no xa mencionado Campeonato. Cabe destacar que na primeira convocatoria houbo a participación de numerosas xogadoras dos tres equipos e esperemos que nas seguintes concentracións sigan igual, traballando con moitas ganas, para poder facer un digno papel nun Campeonato que para as nosas xogadoras é o primeiro.

CONCENTRACIÓNS SELECCIÓN GALEGA DE WATERPOLO FEMININO PARA CTO.ESPAÑA 2ª DIVISIÓN

DATA                                                      LUGAR                      PISCINA                 HORA

SABADO 17 NOVEMBRO 2012       PONTEVEDRA            RIAS DO SUR          16.30H
SABADO 24 NOVEMBRO 2012       CORUÑA                     INEF CORUÑA         17.30H
SABADO 15 DECEMBRO 2012       SANTIAGO                  STA.ISABEL             12.30H
SABADO 12 XANEIRO 2013            CORUÑA                     INEF CORUÑA
SABADO 26 XANEIRO 2013            SANTIAGO                  STA.ISABEL             12.30 H
SABADO 2 FEBREIRO 2013            PONTEVEDRA            CGTD
Datas provisionais Campeonato de España 2ª División Feminino:
13.04/25.05.2013

TRES XOGADORES INFANTILES DO CLUBE NA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Tres xogadores do CW Santiago (BRUNO SAMPAÑO, JAVIER ROMARIS e ALEXO CASTRO) foron seleccionados para a primeira convocatoria da selección infantil Galega que disputará o Campeonato de España por Comunidades, dentro desta preselección que levará a cabo a súa primeira concentración este próximo sábado día 24 en Pontevedra, en dúas sesións: mañá e tarde. Esperamos que sigan preseleccionados nas seguintes, traballando en entrenos para demostrar a súa valía e que poidan estar na selección final.

A nosa noraboa ós seleccionados e moita sorte, ánimo e traballo nas concentracións rapaces,  demostrade que podedes!!!

Fin da participación da selección infantil galega no campionato nacional

A selección infantil galega de waterpolo finalizou a súa participación no Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais, celebrado en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012.

No último partido, os xogadores dirixidos por Xavi Pérez perderon fronte ao equipo da Federación da Comunidade Valenciana por un rotundo 11-3. No global do campionato a selección acadou un total de 15 goles, sendo o máximo goleador Francisco Pedreira, con 6 tantos.

O gañador do campionato foi a selección catalana que impuxose na final á selección madrileña por 11-5. Noraboa aos campións (na foto).

Derrota da selección galega infantil no campionato español 2012

A selección infantil galega de waterpolo perdeu o seu primeiro partido no Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais, que celébrase en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012.

Os waterpolistas galegos enfrentaronse ao equipo da Federación Navarra, perdendo por 4-11.

Pola selección galega anotaron Oscar Montes, Francisco Pedreira (2) e Pablo Teijeira.

O próximo partido disputarase o 31/03/2012 ás 12:00 horas fronte á Federación Ceuta.

Os resultados pódense seguir en tempo real no sitio web da Federación Española de Natación.

Campionato infantil seleccións territoriais 2012

O Campionato de España Infantil Mixto de Wáter-Polo por Federacións Territoriais celébrase en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012. 

O Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais é a única proba por seleccións existente no Wáter-Polo Nacional. Ao finalizar o campionato, o seleccionador da RFEN para categorías inferiores elixirá dous xogadores por cada selección para ir á Concentración Nacional de Wáter-Polo Infantil. Desta selección sairá un equipo que podería representar a España nun Campionato Internacional da categoría.