Inicio de tempada para o Club Waterpolo Santiago coa disputa das dúas Supercopas Galegas como inicio de tempada. As dúas ante Pontevedra, tanto a feminina, que foi a primeira en disputarse e que rematou coa vitoria do CW Pontevedra por un resultado final de 6-11.
A pesar diso, un bo partido das santiaguesas, que aguantaron moi ben os dous primeiros cuartos, chegando ao descanso cun marcador de 2-4 para as de Lérez, pero cunha gran defensa das de Santiago. O terceiro cuarto foi o que puxo a diferenza final, á espera dun último cuarto que rematou en empate e no que as santiaguesas non se renderon a pesar da diferenza no marcador.
Unha vez finalizado o encontro na categoría feminina, disputouse o masculino, un partido de poder a poder no que os santiagueses, despois dun inicio no que Pontevedra se puxo por diante 2-0, conseguiron darlle a volta ao marcador para poñerse por diante ata tres goles.
Pero un último cuarto no que os santiagueses cometeron varios erros defensivos fixo que os de Lérez empatasen a falta de 10 segundos, decidíndose o resultado na tanda de penaltis, onde Pontevedra estivo máis acertado para levarse finalmente o encontro por 8-10.
Felicitar os dous equipos, tanto o masculino como o feminino, polos seus dous grandes encontros.

