As cotas 2017

Santiago, 10 de decembro de 2016

 

Estimados socios:

Logo Club Wterpolo Santiago

Ante a chegada do vindeiro ano, dende a directiva queremos informarvos que por unha banda,  ante a diminución do importe das subvencións que ven recibindo o Club Waterpolo Santiago e por outra, que agora o club conta con dous adestradores, vémonos na necesidade, a partir do 1 de xaneiro de 2017, de incrementar a cota mensual en 2 euros.

 

Lembrámosvos que na anterior tempada non se levou a cabo ningún incremento, a pesar de que o club se fixo cargo de parte dos custos dos torneos e desprazamentos dos xogadores como ven ocorrendo nos últimos anos.

 

O importante para nos é que os rapaces poidan practicar un deporte tan completo como é o waterpolo, no que todos se sintan a gusto e se formen día a día . Por iso, pensamos que 2 euros non supón un incremento excesivo, e sen embargo, entre todos, podemos facer que o club funcione e  acade os seus obxectivos.

 

As cotas quedaran do seguinte xeito:

Cota mensual deportista a partir de cadete: 27 euros

Cota mensual  ata cadete: 25 euros

Cota mensual  segundo irmá: 20 euros

Cota mensual  non federado: 17 euros

 

Luis Ferrer Lojo
Presidente Club Waterpolo Santiago

Publicado por

Descoñecido's avatar

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar un comentario