Santiago, 10 de decembro de 2016
Estimados socios:
Ante a chegada do vindeiro ano, dende a directiva queremos informarvos que por unha banda, ante a diminución do importe das subvencións que ven recibindo o Club Waterpolo Santiago e por outra, que agora o club conta con dous adestradores, vémonos na necesidade, a partir do 1 de xaneiro de 2017, de incrementar a cota mensual en 2 euros.
Lembrámosvos que na anterior tempada non se levou a cabo ningún incremento, a pesar de que o club se fixo cargo de parte dos custos dos torneos e desprazamentos dos xogadores como ven ocorrendo nos últimos anos.
O importante para nos é que os rapaces poidan practicar un deporte tan completo como é o waterpolo, no que todos se sintan a gusto e se formen día a día . Por iso, pensamos que 2 euros non supón un incremento excesivo, e sen embargo, entre todos, podemos facer que o club funcione e acade os seus obxectivos.
As cotas quedaran do seguinte xeito:
Cota mensual deportista a partir de cadete: 27 euros
Cota mensual ata cadete: 25 euros
Cota mensual segundo irmá: 20 euros
Cota mensual non federado: 17 euros
Luis Ferrer Lojo
Presidente Club Waterpolo Santiago