EMPATE, DERROTA E VITORIA ANTE VIGO
Derradeira xornada do ano a disputada este pasado sábado polo CW Santiago na piscina de Santa Isabel ante RCN de Vigo en categoría Alevín, infantil e Absoluto 2ª división e que se saldou cun empate, unha derrota e unha vitoria.
Empate a nove no primeiro partido en categoría alevín, nun partido marcado polo gran inicio local e a remontada final dos visitantes, tres cuartos para cada equipo onde os primeiros tres foron para os santiagueses que grazas á súa efectividade en ataque conseguiron escaparse no marcador ata un claro seis a un, pero a partir do cuarto período os vigueses axustaron a súa defensa e conseguiron remontar ata chegar ao resultado final de empate a nove. Destacar o debut de varios dos nosos xogadores e que non desentoaron dentro do xogo de equipo.
LIGA GALLEGA ALEVIN MIXTO
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 9 – 9 (2-0; 4-1; 1-2; 0-1; 2-3; 0-2)
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL PALACIOS, FERNANDO GALINDO, FERNANDO FERRER (6), UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ, SAMUEL GONZALEZ (3), LUCAS VILARIÑO, MIGUEL BARCA, SARAY GUILBERT.
Derrota no seguinte partido disputado por ambos os equipos, categoría infantil onde os vigueses mandaron desde o inicio grazas á súa efectividade en ataque, algo que lles está custando aos locais, aínda que non deixaron de loitar e tentaron remontar nos últimos parciais pero só foi suficiente para achegarse no marcador ata o sete once final. Seguirán traballando para cada día seguir mellorando.
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 7- 11 (0-1; 1-3; 0-1; 1-4; 2-1; 3-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (3), SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (2), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO MALLO (1), MARTIN ZAS, ANTONIO GARCIA (1), ROBERTO CARRO
O derradeiro partido en disputarse foi o absoluto de segunda división, onde os locais marcaron o ritmo desde o inicio e cos dous primeiros parciais gañados chegaron ao descanso cun resultado de tres goles arriba, que a pesar dos intentos dos vigueses de remontar conseguiron manter ata o final do partido grazas aos empates dos dous últimos cuartos e que lles deu a vitoria que os coloca segundos na clasificación despois de terminar a primeira volta.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 14 – 11 (3-1; 5-4; 3-3; 3-3)
CW SANTIAGO: MATEO RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (2), ROSALIA REY, GABOR PAZOS (1), LUIS FERRER (5), ALEJANDRO GOMEZ (2), ALVARO RODRIGUEZ, JESUS MONTOIRO, RODRIGO VARELA, ALEJANDRO PADILLA (1), XOAQUIN GENDRA, BRUNO SAMPAÑO (3), DAMIAN ANTELO, JAVIER ROMARIS.