O CLUB WATERPOLO SANTIAGO CADETE, SUBCAMPEÓN DO I TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE FERROL

Este domingo pasado os nosos cadetes desprazáronse a Ferrol onde participaron no I Torneo Internacional Cidade de Ferrol, xunto con CN Coruña, o Vitoria Sport Club portugués e os anfitrions do torneo, o CM Ferrol.
Empezou a participación no torneo enfrontándose aos xogadores de natación Coruña, que despois dun partido pracido grazas á maior forza física dos nosos xogadores o resultado final foi de 11 a 4, co que o primeiro escollo para intentar gañar o torneo estivo superado. O segundo partido foi aínda moito máis cómodo dada a maior calidade dos nosos xogadores. Esta vez foi un resultado final de 13 goles a 4 a favor dos santiagueses contra os portugueses do Vitoria, co cal o seguinte partido era a denominada final do torneo, xa que tanto CM Ferrol coma Santiago superaran os dous rivais anteriores.

Comezou a final con boas sensacións gañando o primeiro cuarto e dando resposta defensiva ante os ferrolanos, pero un parcial demoledor dos ferrolanos despois dun desastroso segundo cuarto por parte dos santiagués, liquidou a final, pois o resultado era favorable aos ferrolanos por 3 goles a 7. E aínda que os nosos seguiron loitando e dando a cara nos dous últimos cuartos, non foi posible a remontada perdendo por un resultado final de 4 goles a 9. Isto, aínda así, non embaza o magnífico torneo realizado polos nosos xogadores, que ademais de levarse o subcampionato do torneo tamén obtivo un premio individual no noso xogador Bruno Sampaño ao que se lle concedeu o trofeo o mellor xogador de torneo.

I TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE FERROL

1º PARTIDO

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 11 – 4 (4-1; 2-1; 2-1; 3-1)

CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández (2), Jorge Lareu (1), Rodrigo Varela, Alex Gómez, Uxía Taboada, Jesús Montoiro (2), Manuel Cebey (1), Xoaquín Gendra (1), Bruno Sampaño (4), Antón Gendra

2º PARTIDO

CW SANTIAGO – VITORIA SPORT CLUB 13-4 (3-1; 2-1; 5-0; 3-2)

CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández (2), Jorge Lareu (1), Rodrigo Varela, Alex Gómez (2), Uxía Taboada (1), Jesús Montoiro, Manuel Cebey, Xoaquín Gendra (3), Bruno Sampaño (4), Antón Gendra

3º PARTIDO

CW SANTIAGO – CN MARINA FERROL 4-9 (2-1; 1-6; 0-1; 1-1)

CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Rodrigo Varela, Alex Gómez (1), Uxía Taboada, Jesús Montoiro, Manuel Cebey, Xoaquín Gendra (3), Bruno Sampaño, Antón Gendra

CLASIFICACION FINAL:     CAMPEÓN              CLUB MARINA FERROL

SUBCAMPEÓN      CW SANTIAGO

TERCEIRO              CN CORUÑA

CUARTO                 VITORIA SPORT CLUB PORTUGAL

CAMPUS DE VERÁN 2015

Chega a tempada de verán e, o Club quere ofrecer a todos os que estean interesados en coñecer o waterpolo e, sobre todo pasar unhas xornadas moi agradables con mozos e mozas de todas a idades, o Campus Waterpolo 2015.
Informámosvos do programa no díptico adxunto, así como os formularios correspondentes para a formalización e permisos necesarios para asistir a este.

Como noutras edicións, se busca que os participantes melloren a súa condición física, coñezan un novo e excitante deporte, e establezan un sentido de traballo en equipo e colectivo beneficioso para o seu desenvolvemento. E todo iso, pasándoo ben nun ambiente san e divertido.
Animarvos todos….El Campus Waterpolo 2015 espéravos…..

PORTADA 2015

CAMPUS 2015

autorizacion desplazamientos campus 2015

autorización publicacion imagenes campus 2015

IMPORTANTE

A partir do próximo día 1 de xuño de 2015 e ata o 27 de xuño, os adestramentos das categorías infantil, alevín e benxamín pasan a ser na piscina de STA.ISABEL en horarios de:

LUNS A VENRES de 19 h a 20h.

CONVOCATORIA DO EQUIPO ALEVÍN PARA OS ENCONTROS DO DOMINGO 24 DE MAIO

ACW – CW SANTIAGO

Categoría: ALEVÍN

Día: 24 de Maio de 2015

Hora: 10:45 h.

Piscina: INEF

Convocados: en Sta. Isabel ás 08:15 h. para coller o bus.

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. JESÚS BLANCO

5. FERNANDO FERRER

6. MAURO RODRÍGUEZ

7. REBECA GOTHLIN

8. NEREA CARRILLO

9. NATALIA VIEITES

10. MIGUEL BARCA

11. SARAY GUILBERT

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 5€ PARA O PAGO DO BUS.

CW CORUÑA – CW SANTIAGO

Categoría: ALEVÍN

Día: 24 de Maio de 2015

Hora: 10:00 h.

Piscina: INEF

Convocados: en Sta. Isabel ás 08:15 h. para coller o bus.

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. GABRIEL LESENDE

5. FERNANDO FERRER

6. ANTONIO MALLO

7. SAMUEL GONZÁLEZ

8. NEREA CARRILLO

9. NATALIA VIEITES

10. UXÍA SANLUIS

11. ANXO PANERO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO) E 5€ PARA O PAGO DO BUS

CONVOCATORIA DO EQUIPO ALEVÍN PARA ESTE SÁBADO 16 DE MAIO 2º PARTIDO

CW SANTIAGO – ACW

Categoría: ALEVÍN

Día: 16 de Maio de 2015

Hora: 16:00 h.

Piscina: Sta. Isabel

Convocados: en Sta. Isabel ás 15:15 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. GABRIEL LESENDE

5. FERNANDO FERRER

6. ANTONIO MALLO

7. MIGUEL BARCA

8. NEREA CARRILLO

9. NATALIA VIEITES

10. SAMUEL GONZÁLEZ

11. ANXO PANERO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA)

CONVOCATORIA DO EQUIPO ALEVÍN PARA ESTE SÁBADO 16 DE MAIO

CW SANTIAGO – CW CORUÑA

Categoría: ALEVÍN

Día: 16 de Maio de 2015

Hora: 16:00 h.

Piscina: Sta. Isabel

Convocados: en Sta. Isabel ás 15:15 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. GABRIEL LESENDE

5. FERNANDO FERRER

6. IAGO OTERO

7. REBECA GOTHLIN

8. NEREA CARRILLO

9. NATALIA VIEITES

10. UXÍA SANLUIS

11. ANXO PANERO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO).

SUSPENSIÓN DO ADESTRAMENTO, XOVES 14 DE MAIO

Debido á Festividade da Ascensión, o próximo día 14, queda suspendido o adestramento para ese día.
O venres adestrarase con normalidade no horario habitual

O WATERPOLO SANTIAGO CAE EN SEMIFINAIS DE LIGA

Non puido ser. Aínda sendo favorito para clasificarse para a final da liga Galega de Waterpolo, o CW Santiago caeu no terceiro partido da semifinal ante un combativo e xusto gañador, CWG Pontevedra, despois de perder este sábado o terceiro partido da semifinal por 8 goles a 12.
Prevíase un partido moi igualado entre ambos os dous conxuntos e así foi. No primeiro cuarto de partido, onde os santiagueses conseguiron ir por diante sempre no marcador, acertando nas superioridades que tiveron, rematando o cuarto cun 4 a 3 favorable. A partir de aí, o nulo acerto de cara ao gol nos dous seguintes cuartos propiciou que os pontevedreses se escaparan ata un 4 a 8 favorable, resultado moi difícil de remontar. E aínda que os santiagueses o intentaron ata o final, o último cuarto só serviu para corroborar que os xogadores do Lérez eran xustos vencedores, acabando con ese resultado xa mencionado, de 8 goles a 12.

Felicitar os finalistas e desexarlles a maior das sortes e traballar para que a próxima tempada os santiagueses estean hai.

SEMIFINAL LIGA GALEGA WATERPOLO ABSOLUTA – 3º PARTIDO

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA   8 – 12 (4-3; 0-3; 0-2; 4-4)

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Jesús Montoiro, Ramón Turnes, Fernando Mayer, Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suárez (3), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Mateo Raposo

OS INFANTÍS CUARTOS NA LIGA GALEGA

O equipo infantil do CW Santiago remato a liga galega infantil despois de disputar este sábado a terceira xornada do play off grupo do cuarto ao sexto, despois de obter dúas vitorias máis, e facer pleno de vitorias nas tres xornadas disputadas.
O primeiro partido que se disputou enfrontaba aos santiagueses ante o quinto clasificado, o CM Ferrol, e despois dun partido moi disputado, e no cal os ferrolanos foron por diante nos catro primeiros cuartos, un parcial de 3 goles a 0 nos dous últimos, propiciou que os santiagueses acabasen levándose o partido por un axustado 5 a 4.
O segundo partido foi contra os infantís de ACW, partido moito máis cómodo que o primeiro, e que cun parcial de 3 goles a 0 no primeiro cuarto, xa daba a entender que o resultado sería moito máis folgado, utilizando o partido para que todos os xogadores tivesen moitos minutos, e gozar do xogo dos nosos infantís.
Felicitar os nosos xogadores pola gran progresión que están a ter, e animalos a que continúen traballando para vindeiros campionatos.
FELICIDADES AO NOSO FUTURO NO CLUB!!!

LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO 4º-6º/ 3ª XORNADA

CW SANTIAGO – CM FERROL   4-5 (0-1; 1-1;0-1; 1-1; 2-0; 1-0)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Rosalía Rey, Alex Gómez, Iván Vieites, Esteban Carrillo (3), Jorge Gómez, Fernando Ferrer, Pablo Chico, Jorge Rodríguez, Laura Sanluis

CW SANTIAGO – ACW 15-5 (3-0; 1-2; 2-1; 4-0; 3-1; 2-1)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro (1), Gabor Pazos, Rosalía Rey, Alex Gómez (4), Iván Vieites (1), Esteban Carrillo (3), Jorge Gómez (4), Fernando Ferrer (1), Pablo Chico, Jorge Rodríguez, Laura Sanluis

CONVOCATORIA DO EQUIPO INFANTIL PARA O VINDEIRO SÁBADO DÍA 9 DE ABRIL

CW SANTIAGO – CM FERROL
CW SANTIAGO – ACW

Categoría: INFANTIL

Día: 9 de Maio de 2015

Hora: 15:45 h. – 17:45 h.

Piscina: Piscina de Santa Isabel

Convocados: en Sta. Isabel ás 15:00 h. cambiados.

XOGADORES CONVOCADOS

1. MARTÍN TORREIRA

2. LUIS GUILBERT

3. ROBERTO VIEIRO

4. GABOR PAZOS

5. ROSALÍA REY

6. ALEX GÓMEZ

7. IVÁN VIEITES

8. ESTEBAN CARRILLO

9. JORGE GÓMEZ

10. ANTONIO MOSCOSO

11. PABLO CHICO

12. JORGE RODRÍGUEZ

13. LAURA SANLUIS

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO).