Este domingo pasado os nosos cadetes desprazáronse a Ferrol onde participaron no I Torneo Internacional Cidade de Ferrol, xunto con CN Coruña, o Vitoria Sport Club portugués e os anfitrions do torneo, o CM Ferrol.
Empezou a participación no torneo enfrontándose aos xogadores de natación Coruña, que despois dun partido pracido grazas á maior forza física dos nosos xogadores o resultado final foi de 11 a 4, co que o primeiro escollo para intentar gañar o torneo estivo superado. O segundo partido foi aínda moito máis cómodo dada a maior calidade dos nosos xogadores. Esta vez foi un resultado final de 13 goles a 4 a favor dos santiagueses contra os portugueses do Vitoria, co cal o seguinte partido era a denominada final do torneo, xa que tanto CM Ferrol coma Santiago superaran os dous rivais anteriores.
Comezou a final con boas sensacións gañando o primeiro cuarto e dando resposta defensiva ante os ferrolanos, pero un parcial demoledor dos ferrolanos despois dun desastroso segundo cuarto por parte dos santiagués, liquidou a final, pois o resultado era favorable aos ferrolanos por 3 goles a 7. E aínda que os nosos seguiron loitando e dando a cara nos dous últimos cuartos, non foi posible a remontada perdendo por un resultado final de 4 goles a 9. Isto, aínda así, non embaza o magnífico torneo realizado polos nosos xogadores, que ademais de levarse o subcampionato do torneo tamén obtivo un premio individual no noso xogador Bruno Sampaño ao que se lle concedeu o trofeo o mellor xogador de torneo.
I TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE FERROL
1º PARTIDO
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 11 – 4 (4-1; 2-1; 2-1; 3-1)
CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández (2), Jorge Lareu (1), Rodrigo Varela, Alex Gómez, Uxía Taboada, Jesús Montoiro (2), Manuel Cebey (1), Xoaquín Gendra (1), Bruno Sampaño (4), Antón Gendra
2º PARTIDO
CW SANTIAGO – VITORIA SPORT CLUB 13-4 (3-1; 2-1; 5-0; 3-2)
CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández (2), Jorge Lareu (1), Rodrigo Varela, Alex Gómez (2), Uxía Taboada (1), Jesús Montoiro, Manuel Cebey, Xoaquín Gendra (3), Bruno Sampaño (4), Antón Gendra
3º PARTIDO
CW SANTIAGO – CN MARINA FERROL 4-9 (2-1; 1-6; 0-1; 1-1)
CW SANTIAGO: Javier Romarís, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Rodrigo Varela, Alex Gómez (1), Uxía Taboada, Jesús Montoiro, Manuel Cebey, Xoaquín Gendra (3), Bruno Sampaño, Antón Gendra
CLASIFICACION FINAL: CAMPEÓN CLUB MARINA FERROL
SUBCAMPEÓN CW SANTIAGO
TERCEIRO CN CORUÑA
CUARTO VITORIA SPORT CLUB PORTUGAL