O WATERPOLO SANTIAGO CAE EN SEMIFINAIS DE LIGA

Non puido ser. Aínda sendo favorito para clasificarse para a final da liga Galega de Waterpolo, o CW Santiago caeu no terceiro partido da semifinal ante un combativo e xusto gañador, CWG Pontevedra, despois de perder este sábado o terceiro partido da semifinal por 8 goles a 12.
Prevíase un partido moi igualado entre ambos os dous conxuntos e así foi. No primeiro cuarto de partido, onde os santiagueses conseguiron ir por diante sempre no marcador, acertando nas superioridades que tiveron, rematando o cuarto cun 4 a 3 favorable. A partir de aí, o nulo acerto de cara ao gol nos dous seguintes cuartos propiciou que os pontevedreses se escaparan ata un 4 a 8 favorable, resultado moi difícil de remontar. E aínda que os santiagueses o intentaron ata o final, o último cuarto só serviu para corroborar que os xogadores do Lérez eran xustos vencedores, acabando con ese resultado xa mencionado, de 8 goles a 12.

Felicitar os finalistas e desexarlles a maior das sortes e traballar para que a próxima tempada os santiagueses estean hai.

SEMIFINAL LIGA GALEGA WATERPOLO ABSOLUTA – 3º PARTIDO

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA   8 – 12 (4-3; 0-3; 0-2; 4-4)

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Jesús Montoiro, Ramón Turnes, Fernando Mayer, Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suárez (3), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Mateo Raposo

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s