OS INFANTÍS CUARTOS NA LIGA GALEGA

O equipo infantil do CW Santiago remato a liga galega infantil despois de disputar este sábado a terceira xornada do play off grupo do cuarto ao sexto, despois de obter dúas vitorias máis, e facer pleno de vitorias nas tres xornadas disputadas.
O primeiro partido que se disputou enfrontaba aos santiagueses ante o quinto clasificado, o CM Ferrol, e despois dun partido moi disputado, e no cal os ferrolanos foron por diante nos catro primeiros cuartos, un parcial de 3 goles a 0 nos dous últimos, propiciou que os santiagueses acabasen levándose o partido por un axustado 5 a 4.
O segundo partido foi contra os infantís de ACW, partido moito máis cómodo que o primeiro, e que cun parcial de 3 goles a 0 no primeiro cuarto, xa daba a entender que o resultado sería moito máis folgado, utilizando o partido para que todos os xogadores tivesen moitos minutos, e gozar do xogo dos nosos infantís.
Felicitar os nosos xogadores pola gran progresión que están a ter, e animalos a que continúen traballando para vindeiros campionatos.
FELICIDADES AO NOSO FUTURO NO CLUB!!!

LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO 4º-6º/ 3ª XORNADA

CW SANTIAGO – CM FERROL   4-5 (0-1; 1-1;0-1; 1-1; 2-0; 1-0)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Rosalía Rey, Alex Gómez, Iván Vieites, Esteban Carrillo (3), Jorge Gómez, Fernando Ferrer, Pablo Chico, Jorge Rodríguez, Laura Sanluis

CW SANTIAGO – ACW 15-5 (3-0; 1-2; 2-1; 4-0; 3-1; 2-1)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro (1), Gabor Pazos, Rosalía Rey, Alex Gómez (4), Iván Vieites (1), Esteban Carrillo (3), Jorge Gómez (4), Fernando Ferrer (1), Pablo Chico, Jorge Rodríguez, Laura Sanluis

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s